Escoitar

Os hoteis de Vigo rexistran unha ocupación hoteleira do 91% na ponte do 25 de xullo

Caballero celebrou a cifra, que é seis puntos e medio superior á rexistrada na mesma data o ano pasado. Puxo en valor a oferta para a cidadanía con actividades, concertos e mobilizacións culturais.

luns, 28 xul 2025

A ponte do 25 de xullo deixou case cheos os hoteis da cidade. Segundo informou o alcalde, a ocupación foi do 91%, “unha cifra excepcional”. Así, a ocupación hoteleira medra 6,5 puntos con respecto á mesma data do ano pasado.

Caballero motivou a alta ocupación hoteleira durante todo o verán, pero tamén esta fin de semana, a gran oferta turística de Vigo: “Tivemos o concerto de Rozalén e a Coral Casablanca en Castrelos, a Helena Egea no Pazo de Castrelos, festas en Beade e Bembrive, a festa da Sardiña na Guía e o Festival Folclórico Internacional e a Festa da Cultura na Porta do Sol”, numerou.

“Vigo é unha potencia turística, o nivel de agrado das persoas que se achegan á cidade é altísima, valorando os servizos, a limpeza, a simpatía das viguesas e vigueses...” concluíu.

Descargar todas as imaxes