Escoitar

O Goberno destina 241.000 euros á xestión do Centro de Emerxencia para Mulleres

A Xunta de Goberno aprobou tamén este xoves as bases da convocatoria das subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, das feiras que fomentan a contratación de traballadores.

xoves, 24 xul 2025

Abel Caballero explicou hoxe que o Concello destina 205.000 euros a subvencionar as citas feirais, como Mindtecht, Conxemar, Navalia, ou Sea Fest, que conlevan a contratación de traballadores. “Queremos promocionar desde as feiras en Vigo as industrias e consolidar o emprego derivado desa actuación”, remarcou o alcalde.

Centro de Emerxencia para Mulleres

Entre os acordos adoptados hoxe pola Xunta de Goberno atópase a axuda de 241.000 euros para a xestión do Centro de Emerxencia para Mulleres que padecen situación de violencia de xénero. Caballero lembrou que o centro de Vigo acolle a mulleres de toda Galicia “Vigo apoia solidariamente todo aquilo que teña que ver coas violencias machistas”, recalcou ao explicar que as mulleres permanecen nel durante a fase de valoración da súa situación e ata que se lles remite a un dispositivo máis adecuado.

“Nós estamos desde Vigo cunha acción importante e vocacionalmente firme de loita contra a violencia machista”, afirmou. O Concello de Vigo destina 1,5 millóns de euros de apoio á igualdade.

Descargar todas as imaxes