O Concello celebra o Día de Galicia en Vigo
Os xardíns do Pazo de Castrelos acolleron a celebración do acto institucional no que Rosa Mallo, coordinadora da Unidade de Mama da Área Sanitaria de Vigo, leu o pregón defendendo a sanidade pública e lembrando a todas as persoas que loitan contra o cancro. O alcalde de Vigo, puxo en valor a situación actual da cidade que "está a vivir os mellores momentos", censurando a quen non a defende e avogando polo traballo conxunto de todas e todos porque "na unidade está a nosa forza".



