Escoitar

O Concello inviste preto de 1 millón de euros en obras de melloras en 13 colexios

O Concello destina 220.000 euros a comprar material e alugar a maquinaria necesaria para realizar, o próximo curso escolar, obras de mantemento e conservación nos centros de Educación Primaria da cidade. Este verán a administración local acomete melloras en 13 colexios. "Estamos a facer obras en colexios por valor de preto dun millón de euros sen ter competencias porque son da Xunta", apuntou o alcalde.

martes, 29 xul 2025

Abel Caballero anunciou este martes a publicación do anuncio previo de licitación para adquirir e alugar a maquinaria coa que o persoal beneficiario do Plan Municipal de Emprego realizará obras en distintos centros escolares de Primaria de Vigo.

O alcalde recordou que neste verán o Concello realiza obras en 12 colexios da cidade por un importe de 202.000 euros.

Entre os colexios que contan coas melloras realizadas polo Concello atópanse o García Barbón; o Sárdoma-Moledo; o Candeán Igrexa; Coruxo Carrasqueira; Eduardo Pondal; Cabral Selo; Lope de Vega, Josefa Alonso; Mestres Goldar; Celso Emilio Ferreiro; Illas Cíes e Bembrive Mosteiro.

O Concello tamén realiza este verán a substitución da cuberta, así como a reparación das fachadas do colexio Celso Emilio Ferreiro, cun investimento de 577.382 euros.

Caballero sinala que o Concello asume as obras pola inacción da Xunta e anuncia que reclamará á administración autonómica os 780.000 euros das obras en execución e previstas para o próximo curso.

Descargar todas as imaxes