Comezan as obras da cubrición da pista deportiva de Zamáns
"É como un novo pavillón", afirmou o rexedor na visita ao inicio dos traballos. A obra cun orzamento 832.000 euros ten un prazo previsto de execución de seis meses.

O alcalde achegouse ao acto simbólico de colocación da primeira pedra da obra de cubrición da pista deportiva de Zamáns. O goberno local inviste 832.000 nesta acción "que servirá para crear un novo pavillón deportivo que dará servizo a toda a parroquia". Abel Caballero estivo acompañado polos tenentes de Alcalde, Carmela Silva e Javier Pardo, e veciños e veciñas que se achegaron ata a zona do Centro Cultural Recreativo de Zamáns.
Caballero explicou que, amais da propia cubrición, o proxecto tamén comprende a construción dun edificio anexo cos mesmos materiais de madeira da fachada e que toda a pista terá unha nova pavimentación, ademais de 27 metros de bancadas de formigón, iluminación con luces led e nova xardinería.