Escoitar

20.000 veciños do rural ampliarán a súa capacidade de acceso a internet de 1 a 100 megas

O rexedor anunciou esta mañá de luns a aprobación das licenzas que permitirán a dúas empresas de telefonía elevar de 1 a 100 megas a capacidade técnica da rede de internet en distintas parroquias da cidade. Trátase, en verbas do alcalde, de dar o mesmo servizo no rural que no centro.

luns, 20 feb 2012
Ao redor de 20.000 vigueses do rural se verán beneficiados coa mellora da transmisión de internet que acometerán dúas empresas de telefonía, unha vez que o Concello outorgou as respectivas licenzas. Tal e como explicou esta mañá de luns o rexedor, a capacidade de banda ancha en oito puntos das parroquias de Vigo pasará dun mega aos 100. Trátase, polo tanto, de dar o mesmo servizo que no centro de Vigo, aínda que a orografía en Vigo presenta dificultades, recoñoceu. Concretamente, actuarase en Carballal e Mosteiro de Bembrive; en Sello-Bouciña, en Lavadores; en Alza, Cabral; en Alcabre; en Candeán, e, por último, en dúas zonas de San Paio de Navia.

No tocante á rede wifi pola cidade, o rexedor avanzou que se está a traballar para achegalo ás rúas de Simón Bolívar, Venezuela, o Calvario e Bouzas, algunhas das zonas máis poboadas da cidade, unha vez que os técnicos analizaron as sentenzas e clarificaron as condicións que debe ter esta instalación.

Auga para Mos
Abel Caballero anunciou o envío "hoxe mesmo" dun convenio ao Concello de Mos para acometer a ampliación dun colector que permita dar servizo de abastecemento e saneamento á parroquia de Herville, ao tempo que se estuda ampliar esta colaboración ao polígono industrial de O Rebullón. Na mesma liña, subliñou a súa disposición de "cooperar activamente" con todos los municipios del área metropolitana: Moaña, Cangas, Porriño, Mos, zonas de Gondomar, nun futuro, Nigrán e, eventualmente, Baiona.