Escoitar

O rexedor inaugura o parque infantil da rúa Cantabria no que se investiron 36.000 euros

Os nenos e nenas da rúa Cantabria disfrutan de case 300 metros de novas instalacións dun parque infantil no que se investiron, segundo explicou esta mañá o rexedor, 36.000 euros. Nesta zona xa se construíu unha pista para facer deporte, e o paso seguinte, avanzou, será un parque biosaludable.

luns, 20 feb 2012
1329747715parque.JPG
O Concello de Vigo continúa no seu proxecto de "repartir por toda a cidade o mobiliario urbano" e nesta ocasión foi o turno da rúa Cantabria, na que os nenos e nenas poden disfrutar dun parque infantil de case 300 metros cadrados nos que se investiron 36.000 euros. As obras consistiron en ampliar un "parque antidiluviano" que existía, acondicionandóo coas mellores prestacións que existen na actualidade. Nesta mesma zona, segundo indicou o rexedor, xa se construíu unha pista para facer deporte e o paso seguinte, avanzou, será un parque biosaludable.

Durante a vista ás instalacións, o primeiro edil indicou que a inauguración deste parque é o cumprimento dun mandato electoral, posto que estas obras foron prometidas en campaña electoral. Na mesma liña, explicou que o obxectivo é combinar en todas as zonas da cidade un parque infantil, unha pista deportiva e un parque biosaludable.

O alcalde referiuse concretamente ao solo das novas instalacións, de area, tal e como recomendan os pedagogos, indicando que o Concello "non ten claro" que tipo de chan usar posto que os pais prefiren o caucho.

Descargar todas as imaxes