Escoitar

Caballero felicita aos "excelentes" profesionais de RNE no 75 aniversario da radio pública

O rexedor de Vigo visitou esta mañá de luns a plataforma intinerante de 140 metros cadrados que percorre España coa exposición "RNE, contigo" que está instalada na Praza de Compostela. Deste xeito, felicitou aos "excelentes" profesionais deste medio de comunicación o traballo que desenvolven "elaborando e transmitindo información con vocación de servizo público, veraz e obxectiva".

luns, 20 feb 2012
1329747918radio.JPG
RNE cumpre 75 anos e Vigo é unha das cidades que a emisora elixiu para instalar a plataforma intinerante de 140 metros cadrados coa exposición "RNE, contigo". Abel Caballero felicitou aos "excelentes" profesionais da "radio de todos" polo traballo que veñen desenvolvendo a prol da información con vocación de servizo público, veraz e obxectiva".

O rexedor visitou hoxe luns a exposición coa que esta emisora pública fai un repaso da súa historia, instalada na Praza de Compostela . Con esta parada na cidade, a mostra segue o seu percorrido por Galicia, dentro do itinerario que levará a esta plataforma a máis de 50 cidades españolas durante máis de tres meses.
Descargar todas as imaxes