luns, 14 mar 2011
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou hoxe luns dos acordos adoptados pola Xunta de Goberno Local, entre os que atópase a adxudicación a Endesa por dous anos (un máis outro ano prorrogable) do subministro de enerxía para o alumeado público. A empresa plantexou unha oferta á baixa do 8% sobre o prezo de mercado do quilovatio, batindo as presentadas por Iberdrola e Fenosa.
xoves, 30 nov 2006
Máis de tres millóns de microbombillas, fíos luminosos, figuras e arcos de ratán iluminan dende este serán un cento de rúas da cidade. Avenidas, prazas, os contornos comerciais (Calvario, Travesas, Casco Vello, Teis, Zona Centro Príncipe, Bouzas), monumentos, edificios, xardineiras e glorietas contan dende hoxe coa iluminación do Nadal que o Concello de Vigo adquiriu nos últimos anos, e á que se incorporan novidades.
xoves, 16 dec 2004
"A través das enerxías" axúdanos a mellora-la comprensión das fontes enerxéticas, a súa necesidade e conveniente utilización, así como os factores económicos derivados da súa importancia e necesidade actual.
xoves, 9 set 2004
O padroado da Fundación Axencia Intermunicipal da Enerxía de Vigo acordou realizar un estudio de viabilidade para a posible posta en marcha dun campo solar fotovoltaico no porto e dun parque eólico no antigo vertedoiro no Zondal.
mércores, 8 set 2004
O xoves reunese o padroado da Fundación Axenda Intermunicipal da Enerxía de Vigo para tratar das primeiras actuacións que se van a desenvolver desde a axencia. A reunión terá lugar ás 11 da mañá na sala de comisións do Concello.
martes, 9 set 2003
A concellería do Servicios de Electromecánicos iniciará a substitución de luminarias de vapor de mercurio por outras de vapor de sodio nas parroquias de Coruxo e Matamá co fin de mellorar o rendemento lumínico e segundo acordo tomado na Comisión de Goberno. O importe das obras de mellora desta infraestructura eléctrica é de 159.990,16 euros.
martes, 20 mai 2003
O alcalde, Lois Castrillo, asinou a acta de constitución da Axencia local da enerxía, promovida polo Concello e conformada por entidades públicas e privadas, co fin de potenciar a eficiencia enerxética e a promoción das enerxías alternativas que favorecerán o desenvolvemento sostible da cidade.
mércores, 14 mai 2003
O concelleiro Henrique Vieitez presentou a renovación do alumeado e a creación de tres zonas axardinadas na praza de España, un espacio referente para vigueses e visitantes que marcará a pauta polo seu deseño innovador. Nas obras de canalización participou persoal do Promil.
xoves, 8 mai 2003
A Concellería dos Servicios Electromecánicos comezou as obras de mellora da iluminación na praza de España coa instalación do cableado e a colocación das columnas para finalmente poñer as luminarias. O custo total desta obra é de 60.101 euros.
venres, 25 abr 2003
As Concellerías de Montes, Parques e Xardíns e dos Servicios Electromecánicos realizan as obras de acondicionamento da fonte da praza de América.