A Axencia de Enerxía de Vigo estudia a instalación de campos de enerxía renovable
O padroado da Fundación Axencia Intermunicipal da Enerxía de Vigo acordou realizar un estudio de viabilidade para a posible posta en marcha dun campo solar fotovoltaico no porto e dun parque eólico no antigo vertedoiro no Zondal.
As instalacións fotovoltaicas conectadas á rede como a que se poderá instalar poñen de manifesto a posibilidade de empresas e cidadáns de contribuír ao medioambiente e desenvolvemento sostible. O emprazamento proposto para a instalación é a cuberta da nave de talleres do área portuaria de Vigo. A xeración eléctrica a partir de instalacións fotovoltaicas caracterizase pola súa simplicidade, silencio, larga duración, baixo mantemento, e por non producir dano algún ao medioambiente.
O padroado estudiou unha proposta de creación dun parque eólico e solar fotovoltaico no antigo vertedoiro de O Zondal.
Entre outros asuntos que tratou o padroado destaca a exposición itinerante “A través das enerxías” que o INEGA ( Instituto Enerxético de Galicia) amosará en Vigo en colaboración coa Axencia; a realización dunha auditoría enerxética no Campus Universitario de Vigo; a asistencia técnica en materia enerxética no Concello e do acto público de presentación da axencia , prevista para o 5 de outubro.
A Fundación Axencia Intermunicipal da Enerxía de Vigo constituíuse no mes de marzo pasado e tratase dunha organización sen ánimo de lucro creada por varios organismos públicos e compañías privadas. O principal obxectivo da Axencia é mellorar a eficiencia enerxética e fomentar a utilización de fontes de enerxía locais de orixe renovables. As actuacións da Axencia deben contribuír de forma sustancial o desenvolvemento en termos económicos, sociais e ambientais en consonancia cos obxectivos xerais de política enerxética da Unión Europea.
O padroado da Fundación está constituído polo Concello de Vigo, Autoridade Portuaria, Caixanova, Zona Franca, Deputación Provincial, Gas Galicia, Instituto Enerxético de Galicia, Isofotón S.A., Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo, Citroën, Universidade de Vigo e Unión FENOSA. Na xuntanza de hoxe acordouse invitar ao conselleiro de Industria, Juan Rodríguez Yuste, para que forme parte do padroado como patrón de honor.
A Fundación dentro da EU
A Fundación forma parte da iniciativa comunitaria SAVE II e actúa como coordinador dentro do proxecto conxunto con outra axencia local en Bulgaria, na rexión do Mar Negro.
O obxecto das Axencias de Enerxía rexionais e locais é desde 1996 unha das actividades específicas nos programas comunitarios para a promoción da eficiencia enerxética na Unión Europea.
En base a este programa existen en Europa máis de 140 axencias SAVE. En España hai 16 e a de Vigo é a primeira que se constitúe en Galicia. A Axencia debe ocupar un lugar próximo ao consumidor, con información e asistencia, así como concienciar sobre cuestións enerxéticas. Ao tempo debe servir de soporte ás autoridades locais nesta materia.