A Xerencia de Urbanismo presenta o futuro Plan Especial de Protección do Monte de A Guía
O Goberno Municipal informou na reunión mantida con motivo do Consello da Xerencia de Urbanismo, da súa intención de aprobar inicialmente, en Xunta de Goberno, o Plan Especial de Protección de A Guía. A conservación arquitectónica e forestal dun dos principais parques urbanos da cidade é a principal medida para levar a cabo a protección do monte.
O Consello da Xerencia de Urbanismo, reunido na mañán do xoves, tratou, entre outros temas de interese, o Plan Especial de Protección do Monte de A Guía. Os arquitectos José Ramón Gago e Enrique Urdiales, foron os encargados de amosar os principais obxectivos e líneas de actuación no camiño da conservación do parque situado na parroquia de Teis.
O Plan Especial pretende entender A Guía como estampa de Vigo, que sexa un parque visual de referencia, xogando co cromatismo a través do tratamento das masas forestais. Para elo, compre eliminar todo aquelo que non sexa autóctono, coma é o caso dos eucaliptos, e levar a cabo unha repoblación progresiva non perxudicial para a fauna. Por este motivo, a rexenaración do parque asómase como obxectivo prioritario, aínda que despois se leve a cabo o tema urbanístico.
Partindo desta premisa, os obxectivos que presegue o plan son os seguintes: a ordenación das zonas verdes e ampliación do parque, o tratamento do litoral e o remate dos bordes dos núcleos perimetrais. Proxecto que conta cunha superficie de 318.517 metros cadrados e unha edificabilidade media do 0,05. Así, conseguiríase a relación e integración da zona de A Guía co resto da cidade a través de medidas de recuperación do borde litoral e a accesibilidade e estructuración viaria.
Entre as propostas recollidas no Plan Especial están as seguintes:
- Adecuación do entorno da ermita para uso dotacional e rehabilitación do antigo edificio hosteleiro.
- Necesidade dun terceiro acceso, xunto as rúas Doutor Corbal e Doña Fermina.
- Potenciación dos aparcadoiros disuasorios na zona de A Lagoa, do antigo forte e A Carballeira.
- Protección integral da Carballeira a través dun tratamento fitosanitario, rehabilitación do palco e instalacións anexas.
- Estructuración da zona do novo vial entre a Urbanización Mirasol e o entorno da Carballeira.
- Traslado da edificabilidade consolidada na banda de servidume de costas xunto á ETEA e praia de A Punta, creando un miradoiro e zona verde.
- Creación dunha zona residencial de remate, fora da zona de servidume, na zona oeste, xunto á praia de A Punta, con reparcelación e traslado da edificabilidade consolidad na zona de servidume.
- Creación de percorridos peatonais, plataformas de estancia no entorno do lavadoiro, sendas botánicas e equipamentos nas inmediacións do paseo de A Punta.
- Remate do entorno do paseo de A Punta cara o Faro, con creación de percorridos, proxecto e tratamento de firmes e dotación de equipamentos de bancos, papeleiras, fontes e iluminacións.
- Traslado da instalación do campo de fútbol e recuperación do perfil.
- Proxecto de adecuación das pequenas calas debaixo do Faro, con limpeza de areais e mellora dos accesos.
- Adecuación, sinalización e adecentamento do acceso no borde mariño rochoso entre A Lagoa e o Faro.
- Prosposta de colaboración coa Autoridade Portuaria para a erradicación do desguace de A Lagoa, traslado das industrias e almacéns ou a potenciación dos usos de lecer e relación co mar.
- Mantemento e recuperación da praia de A Manquiña.
- Proposta de creación dun vial alternativo que dé servizo aos novos equipamentos de lecer de A Lagoa polo límite coa factoría Vulcano.
Ademáis, o Plan Especial, propon unha análise da masa vexetal xunto á necesidade dunha normativa de actuación ambiental polas distintas zonas.
En definitiva, trataríase dunha proposta de mellora, conservación, e rexeneración que inclúe a suxerencia de crear un paseo máis blando e amable que o de A Punta ata Enrique Lorenzo polo borde litoral. Un tema que será levado á Xunta Local de Goberno de cara a súa aprobación.