Escoitar

Reunión do padroado da Fundación Intermunicipal da Enerxía de Vigo

O xoves reunese o padroado da Fundación Axenda Intermunicipal da Enerxía de Vigo para tratar das primeiras actuacións que se van a desenvolver desde a axencia. A reunión terá lugar ás 11 da mañá na sala de comisións do Concello.

mércores, 8 set 2004
Entre os asuntos que tratará o padroado destaca a exposición itinerante “A través das enerxías” que o INEGA ( Instituto Enerxético de Galicia) amosará en Vigo en colaboración coa Axencia; a realización dunha auditoría enerxética no Campus Universitario de Vigo; a asistencia técnica en materia enerxética no Concello; instalacións de aproveitamento enerxético de orixe renovable e o acto público de presentación da axencia , prevista para o 5 de outubro.

A Fundación Axencia Intermunicipal da Enerxía de Vigo constituíuse no mes de marzo pasado e tratase dunha organización sen ánimo de lucro creada por varios organismos públicos e compañías privadas. O principal obxectivo da Axencia é mellorar a eficiencia enerxética e fomentar a utilización de fontes de enerxía locais de orixe renovables. As actuacións da Axencia deben contrubuir de forma sustancial o desenvolvemento en termos económicos, sociais e ambientais en consonancia cos obxectivos xerais de política enerxética da Unión Europea.

O padroado da Fundación está constituído polo Concello de Vigo, Autoridade Portuaria, Caixanova, Zona Franca, Deputación Provincial, Gas Galicia, Instituto Enerxético de Galicia, Isofotón S.A., Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo, Citroën, Universidade de Vigo e Unión FENOSA.

A Fundación dentro da EU

A Fundación forma parte da iniciativa comunitaria SAVE II e actúa como coordinador dentro do proxecto conxunto con outra axencia local en Bulgaria, na rexión do Mar Negro.

O obxecto das Axencias de Enerxía rexionais e locais é desde 1996 unha das actividades específicas nos programas comunitarios para a promoción da eficiencia enerxética na Unión Europea.

En base a este programa existen en Europa máis de 140 axencias SAVE. En España hai 16 e a de Vigo é a primeira que se constitue en Galicia. A Axencia debe ocupar un lugar próximo ao consumidor, con información e asistencia, así como concienciar sobre cuestións enerxéticas. Ao tempo debe servir de soporte ás autoridades locais nesta materia.