Escoitar

O R.C.Celta enfrontarase ao Vitória Spor Club Guimaraes no XXXIV Trofeo Cidade de Vigo

O encontro, presentado pola concelleira de Deportes, Lucía Molares, terá lugar o vindeiro xoves 9 de setembro ás 20.00 horas no Estadio de Balaídos.

martes, 7 set 2004
1094559405celta.jpg
A concelleira de Deportes, Lucía Molares, presentou o martes en rolda de prensa unha nova edición do Trofeo Cidade de Vigo. "Un dos encontros máis prestixiosos do fútbol español", segundo o presidente do club, Horacio Gómez, quen agradeceu o esforzo do Concello e apuntou a importancia da continuidade dun evento destas características.

A cita, que terá lugar o vindeiro xoves ás 20.00 horas, enfrontará en Balaídos ao conxunto local cun dos equipos da Superliga de Portugal, o Vitória Spor Club Guimaraes. Un encontro que non só servirá de aliciente de cara ao ansiado éxito dos celestes, senon que contémplase como oportunidade para que as rúas da cidade énchanse de fieis seguidores do deporte rei. Unha forma de facer club e cidade ao mesmo tempo.
Descargar todas as imaxes