venres, 10 setembro 2004

A alcaldesa da a benvida ao alumnado no inicio do curso

A alcaldesa, Corina Porro, e o concelleiro de Educación, Ignacio López-Chaves, inauguraron o venres un novo curso escolar no centro Javier Sensat, onde compartiron xogos e historias con algúns dos alumnos de entre 3 e 12 anos que se incorporaron hoxe ás aulas tralo periodo estival.

Turismo de Vigo presenta o Plan de Actuacións 2004-2007

venres, 10 set 2004

A concelleira de Turismo e Comercio, Lucía Molares, presentou o venres a nova campaña que levará a cabo o seu departamento. A creación dunha marca líder e a difusicón da cidade nos novos mercados serán o punto de partida do seu Plan de Actuacións 2004-2007.

Pleno da Corporación

venres, 10 set 2004

A Corporación Municipal celebra o luns, día 13, o pleno ordinario correspondente ao mes de agosto. A sesión comezará ás nove da mañá co seguinte orde do día:

Xunta de Goberno Local

venres, 10 set 2004

A Xunta de Goberno reunese o luns, día 13, ás 14 horas, para tratar , entre outros asuntos, sobre o V Festival de Música de Vigo Aremore e do proxecto de axardinamento do bulevar da Gran Vía.