A cidade celebrará o próximo ano un concurso nacional de piano
Vigo celebrará un concurso nacional de piano o próximo ano , segundo anunciou hoxe a alcaldesa, Corina Porro, ao remate dun encontro que mantivo con presidente da Fundación Mayeusis, Felipe Estévez.
A iniciativa formará parte das actividades culturais que o Concello programará durante o ano 2005 e segundo a alcaldesa con este concurso a nivel estatal perséguese unha aposta decidida da cidade ao mundo da música .Durante unha semana Vigo acollerá a compositores consagrados e noveles .
Corina Porro recibía hoxe ao presidente da Fundación Mayeusis para presentar a iniciativa, única en Galicia, que se denomina “Aula magíster”. Esta iniciativa trata de por en contacto a alumnos, profesores e público en xeral con personalidades do mundo artístico de renome. A Fundación ten previsto realizar aulas deste tipo relacionadas con piano,la orquestra, pedagoxía e musicoterapia
A iniciativa comeza co Aula Magíster de piano a cargo de Leonel Morales, recoñecido pola crítica como un dos grandes artistas de súa xeración –1958- Nado en Cuba, está nacionalizado español e reside en España desde 1991. É un destacado pedagogo, Catedrático do Conservatorio Superior de Música de Castellón, impartiu Master Classes internacionais incluíndo o Mozareum de Salzburgo.