Escoitar

Pleno da Corporación

A Corporación Municipal celebra o luns, día 13, o pleno ordinario correspondente ao mes de agosto. A sesión comezará ás nove da mañá co seguinte orde do día:

venres, 10 set 2004
1.- Acta anterior. (Sesión ordinaria 28.06.04)

2.- Corrección acta correspondente ó Pleno do 31.05.04, aprobada en sesión do 26 de xullo.

URBANISMO E MEDIO AMBIENTE
3.- Corrección de erro material no plan parcial Quirós. Expte. 5254/411.

4.- Ampliación de prazo para resolver no expediente para a declaración de nulidade do acordo plenario do 27 de novembro de 1992, sobre convenio de cesión para vial de circunvalación concluído con “Miraflores Vigo, S.A.” e determinación das indemnizacións procedentes. Expt. 4490/401.

XESTIÓN MUNICIPAL
5.- Indemnización substitutiva por importe de 14.552,90 € a favor de “Estudio A. Moreno, S.L.” en concepto de asistencia técnica para a dirección das obras do proxecto de humanización da rúa Fragoso. Expte. 31911/250.

6.- Indemnización substitutiva a favor de Servicios Hípicos Hipigal, S.L., por importe de 90.000 €. Expte. 4715/333.

7.- Dar de alta no Inventario municipal de bens e dereitos o local sito na rúa Otero Pedrayo, núm. 5. Expte. 60/244.

8.- Aprobación inicial da alteración da natureza xurídica da planta 2ª do edificio núm. 7 da Praza da Princesa. Expte. 17022/240.

9.- Nomeamento de membros do Tribunal Económico-Administrativo do Concello de Vigo. Expte. 1184/110.

10.- Nomeamento de representantes da Corporación para a Comisión de valoración de selección dun axudante técnico de Electromecánicos e un enxeñeiro técnico de obras públicas.

MOCIÓNS
11.- Moción do Grupo municipal do BNG sobre elaboración de programa especial de mantemento e adaptación de zonas de xogo infantil.

12.- Moción do Grupo municipal do BNG sobre creación dunha comisión de seguimento das obras do segundo cinto.

13.- Moción do Grupo municipal do BNG sobre remisión dos pregos de condicións á Comisión de Control da Contratación.

14.- Moción do Grupo municipal do PSdeG-PSOE instando que se notifique ós grupos municipais todos os decretos ou resolucións dictados pola Alcaldía.

15.- Rogos e preguntas.