Turismo de Vigo presenta o Plan de Actuacións 2004-2007
A concelleira de Turismo e Comercio, Lucía Molares, presentou o venres a nova campaña que levará a cabo o seu departamento. A creación dunha marca líder e a difusicón da cidade nos novos mercados serán o punto de partida do seu Plan de Actuacións 2004-2007.
O Museo de Arte Contemporáneo de Vigo (MARCO) foi o lugar elixido pola concelleira Lucía Molares para dar o pistoletazo de saída á nova campaña de turismo, que baixo o lema "Siente la llamada", focalizará tódolos seus esforzos nos vindeiros tres anos.
Coa finalidade de convertir a Vigo nun dos principais destinos turísticos do noroeste peninsular, o Plan Turístico Vigo 2004-2007 plantexa potenciar virtudes e subsanar carencias, dende a premisa de que o potencial turístico de Vigo é real.
Un ambicioso proxecto que parte dunha análise autocrítica co fin de consolidar unha marca líder. Así, os estudios realizados pola concellería acreditan que a marca "Vigo" comeza a ser recoñecida e valorada positivamente a través da ampla gama de recursos que posúe: riqueza natural, oferta náutico-deportiva de primeiro nivel, calidade gastronómica, praias...
Por iste motivo, o Plan Turístico plantexa a necesidade de consolidar a marca e o seu posicionamento no mercado a través de algo máis que unha cidade, todo un mundo.
As accións de comercialización e comunicación, recuperación e posta en valor do patrimonio da cidade, o impuso e diversificación da oferta complementaria ou a mellora da xestión política local, son algunhas das principais liñas de actuación que abarcará o departamento que dirixe Lucía Molares.
Principais novidades
Turismo de Vigo presenta tamén como novidade desta campaña de promoción, unha publicación que terá carácter mensual. Baixo o título "Siente la llamada del ocio", a guía recollerá tódalas actividades, eventos, concertos e exposicións que terán lugar na cidade mensualmente. Unha publicación pensada para ofrecer ao turista, dunha forma sinxela e cómoda, a oferta de ocio que se poderá atopar na cidade a súa chegada.
A sinalización orientativa e interpretativa da cidade, é outra das principais novidades desta campaña. Esta actuación, que responde a unha demanda histórica do sector turístico, iniciarase coa identificación mesma das rúas e prazas, seguirá coa orientación ata elementos e lugares destacados da oferta turística de Vigo e rematará coa interpretación de ditos recursos reseñables.
Estas medidas aplicaranse en paralelo ao desenvolvemento de propostas turísticas e diversos materiais de comunicación encamiñados a reforzar a divulgación dos elementos. Asimesmo, a concellería que dirixe a edil do PP, potenciará a elaboración dun banco de imaxes da cidade e dun portal turístico, entre outros.
Descargar todas as imaxes