Silvio Rodríguez ofrecerá o mércores en Vigo o último concerto da súa xira en España
O espectáculo, presentado polo concelleiro de Festas, Ignacio López-Chaves, e enmarcado dentro do programa do Xacobeo 2004 "Concertos do Novo Milenio", terá lugar o vindeiro mércores 15 de setembro ás 22.30 horas no pavillón de As Travesas. As entradas terán un prezo único de 10 euros.
Vigo será o lugar elixido polo cantautor cubano, Silvio Rodríguez, para a celebración do último concerto da súa xira no noso país. Un espectáculo, incluído na programación do Xacobeo 2004, que terá lugar o mércores 15 de setembro ás 22.30 horas no pavillón de As Travesas.
As entradas para poder asistir a este espectáculo poderán ser adquiridas a través de www.caixanova.es; na taquilla electrónica 902 504 500 así como en Carrefour. O prezo único para esta actuación será de 10 euros.
O de Vigo, será o derradeiro concerto das súa xira en España, logo de cinco anos. A xira, que dará comezo no Auditorio de Barcelona os días 7 e 8 de setembro, continuará en San Sabastián, onde actuará na Plaza de Toros o próximo día 10 deste mes. A seguinte escala será na cidade de Salamanca, na que ofrecerá un novo concerto no multiusos Sánchez Paraíso o día 12. Así, o concerto de Vigo será a última oportunidade para que os amantes da música poidan disfrutar dos sons do cubano.
Biografía
Silvio Rodríguez está considerado coma un dos máximos propulsores da "Nueva Trova" cubana xunto a outros artistas da talla de Pablo Milanés, Noel Nicola, Vicente Feliú, Eduardo Ramos e Sergio Vitier. Un movemento que revitalizou a canción cubana e a catapultou a nivel internacional.
Como compositor, a música de Silvio Rodríguez, é calificada de poesía, facendo do cantator uns dos poetas máis talentosos da súa xeración. Así, os seus textos falan da natureza, dos problemas e inxustizas sociais, da patria, da muller, da Revolución… chegando a ser escoitados en máis de 35 países, Ámerica Latina, Europa, África e Estados Unidos.
A súa vida e a súa música están marcadas polo momento histórico que lle tocou vivir: a represión do Goberno Batista e o posterior triunfo da Revolución cubana baixo a batuta do Che Guevara e Fidel Castro.
Silvio conta cun extenso historial discográfico, entre o que destacan o traballo acústico "Al final de este viaje" (1978), "Días y Flores"( 1975), dedicado a súa filla Violeta e o seu primeiro traballo como solista; "Rabo de nuve" (1979), no que trata o XX aniversario da Revolución cubana; "Mujeres" (1978), plagado de cancións de amor ou "Unicornio" (1982), co cal comenza a ser máis coñecido internacionalmente.
No 2003 publicaba o seu último álbum, "Cita con ángeles" no que destacan cancións como "Sinuhé" ou "Quiero cantarte un beso".
Descargar todas as imaxes