Escoitar

A alcaldesa da a benvida ao alumnado no inicio do curso

A alcaldesa, Corina Porro, e o concelleiro de Educación, Ignacio López-Chaves, inauguraron o venres un novo curso escolar no centro Javier Sensat, onde compartiron xogos e historias con algúns dos alumnos de entre 3 e 12 anos que se incorporaron hoxe ás aulas tralo periodo estival.

venres, 10 set 2004
1094817240cole1.jpg
O curso comezou para os estudiantes do Javier Sensat cunha visita de excepción. A alcaldesa, Corina Porro, e mailo concelleiro de Educación, Ignacio López-Chaves, achegáronse ata o centro público ás 10.00 da mañá co fin de inaugurar un novo curso académico.

Despois de visitar as aulas e compartir cos máis cativos xogos e confidencias, Porro recordou aos presentes a importancia de ser solidarios co fin de facilitar a convivencia entre os compañeiros. Logo chegaron os vítores e a acostumada sinatura de autógrafos a uns rapaces que aclamaban á rexente do Concello.

Programas educativos
O termo municipal de Vigo conta cun total de 59 centros de ensino de Infantil e Primaria que acollen a preto de 10.000 rapaces de entre 3 e 12 anos.

O Concello, na súa preocupación pola educación coma medio para alcanzar un futuro mellor, leva a cabo unha oferta educativa na cidade do máis variada. As Escolas Municipais de Artes e Oficios, de Teatro, Música, Danza ou do Xogo, son algunhas das propostas da actual corporación municipal para os máis cativos.

Axudas Municipais
Para que a volta ao cole sexa máis sinxela, o Goberno Municipal outorgará axudas escolares de libros aos solicinates con fillos en educación infantil (3,4 e 5 anos), educación primaria (1º a 5º) e secundaria (1º a 4º ESO) matriculados en centros públicos ou con concerto xeral da cidade.

Así, o Concello acordou conceder subvencións a un total de 1.102 rapaces cun importe de 94.822 euros. Outros 11.927 euros quedarán para imprevistos do programa.

Os alumnos de educación infantil recibirán 61 euros, 85 os de secundaria e 109 euros o s de ESO. Os libros de 6º curso e de 2º de ESO serán de balde.

Por outra banda, as axudas municipais de comedor aboaranse directamente ao colexio a mes vencido, previa sinatura no listado mensual correspondente no que figure o pai, nai ou titor do neno que utilice o servizo. O pagamento máximo da axuda será de 39 euros ao mes por neno dende o mes de outubro ata maio de 2005. Compre dicir que nesta convocatoria solicitaron axudas de comedor 1.364 nenos, sendo concedidas 853 por un importe de 30.615 euros ao mes.
1094817240cole1.jpg
1094817265cole2.jpg
1094817289cole3.jpg
1094817313cole4.jpg
Descargar todas as imaxes