Escoitar
Anuncio

Prazos de matrícula na Escola Municipal de Teatro

Ábrense os prazos de inscrición e matriculación para novo alumnado na Escola Municipal de Teatro dependente da Concellería de Educación que se fixa entre o 16 e o 30 de xuño de 2004.

venres, 10 set 2004
A preinscrición realizarase no departamento de Educación, sito no primeiro andar da casa do Concello de Vigo, en horario de 9 a 13 horas. O impreso poderá obterse tamén no servicio de Información e a través da páxina web municipal www.vigo.org

Cursos previstos:
-CEIP "Mestres Goldar" de Castrelos,curso de 6-12 anos e curso de 12-17 anos.
-CEIP Frián - Teis, curso de 6-12 anos.
-IES O Castro – Hispanidade(12-17).
-IES "Alexandre Bóveda" – Coia(12-17).
-Local da EM Teatro en Monte da Mina-Castrelos, horario de mañán (+18 anos),horario de tarde (+18 anos).

A relación do alumnado admitido publicarase o 2 de xullo de 2004 na páxina web municipal e no taboleiro de anuncios do Concello de Vigo.

Establécese un prazo de dez días para posibles reclamacións.

A matrícula formalizarase entre o 16 e o 30 de setembro de 2004.