O Auditorio Municipal presenta "Zamán, l’homme des roseaux", incluída na programación do Cine Club
A proxección do film de Amer Alwan, que acadou o Premio Signis aos novos talentos do Festival de Cine de San Sebastián 2003, terá lugar o luns ás 20.30 horas no Auditorio do Concello.
Sinopse
Nunha rexión pantanosa do sur de Iraq, nas marismas situadas entre o Tigris e o Éufrates, Zamán vive coa súa muller. De súpeto a ela descóbrenlle unha rara enfermidade. Él embarcará na súa canoa para tratar de atopar unha solución ao problema.
Amer Alwan
Director e guionista nado en Babilonia, Iraq, en 1957. Abandonou o seu país, familia e amigos para estudiar cine en París, cidade na que viviu vinte anos, os que tardou en regresar para facer a rodaxe desta película, tan só uns meses antes (xaneiro do 2003) do inicio da última guerra.
Ten realizadas varias curtametraxes: "Les mandéens d’Iraq", "Les enfants de l’embargo", "La forteresse de Kirkuk", e varias colaboracións como asistente nos documentais "Retour á Babylone" de Abbas Brahim e "Sadam Husein, la maître de Bagdag" de Michel Vuillermet.
Esta é a súa primeira longametraxe como realizador. A idea desta película xorde da memoria do director: "Cando saín do país, Iraq era un sitio idílico, agora está destellado. A xente conserva intacta a beleza interior. Coa película quero facer unha homenaxe ao país, ferido por trinta anos de ditadura, quince de embargo, e tres de guerras. Só agardo que algún día poida exhibirse alí, xa que a súa proxeción aínda está prohibida. O antigo réxime tamén confiscou cinco cintas da rodaxe que non puideron ser recuperadas. Tiven que filmar en vídeo –o negativo cinematrográfico está prohibido dende que a ONU e os Estados Unidos decretaron o embargo contra o país por considerar que o filme virxe é susceptible de ser utilizado como matreial químico, polo tanto convertible en armamento".
Zamán representa ao pai do realizador e o neno é parte da súa infancia. É a única película feita nese país nos últimos quince anos, ademáis de ser o seu último traballo.