O Concello adxudica o servizo para o alumeado público por 2,8 millóns, un 8% menos do prezo de mercado
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou hoxe luns dos acordos adoptados pola Xunta de Goberno Local, entre os que atópase a adxudicación a Endesa por dous anos (un máis outro ano prorrogable) do subministro de enerxía para o alumeado público. A empresa plantexou unha oferta á baixa do 8% sobre o prezo de mercado do quilovatio, batindo as presentadas por Iberdrola e Fenosa.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou hoxe luns da decisión do goberno local de adxudicar á empresa Endesa o subministro de enerxía para o alumeado público vigués, ao ofertar un 8% menos do prezo do quilovatio no mercado.
O orzamento total do contrato ascende a 2,8 millóns de euros, dos que 935.000 aboaranse nunha primeira anualidade e, no caso de prorrogarse un segundo ano, a segunda ascendería aos 1.870.000 euros.
En aplicación da nova lexislación, o Concello vigués sacou a concurso o subministro eléctrico que gañou a empresa Endesa, tras ofertar unha baixa de prezo do 8% sobre o de mercado, batindo ás ofertas de Iberdrola -excluída por criterios técnicos- e a de Fenosa, tradicional subministradora no municipio.