Caballero anuncia a aprobación dunha regulación municipal para dar "facilidades" á instalación de novas empresas en Vigo
Segundo informou o alcalde, a Xunta de Goberno Local deu luz verde ás bases reguladoras dos Proxectos Empresariais de Interese Municipal (PEIM), cos que o goberno local pretende "favorecer á actividade económica" mediante exencións fiscais e abaratamento na concesión de licenzas. O obxectivo é dar "facilidades" para o mantemento en Vigo das compañías e para a instalación de novas empresas na cidade.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este luns da aprobación das bases que regulan os Proxectos Empresariais de Interese Municipal (PEIM) para far "facilidades" ás empresas que queiran instalarse na cidade.
Segundo explicou en rolda de prensa, a regulación dos PEIM estaba "obsoleta" e o goberno local procedeu á súa actualización para "favorecer a actividade económica" e axudar aos proxectos das empresas que teñan interese para a cidade.
O obxectivo municipal con esta actualización é "axilizar" os trámites para manter ás empresas e favorecer a instalación de novas no termo municipal para a "dinamización económica e a facilitación da saída da crise", mediante "exencións fiscais e o abaratamento das licencias" e, en definitiva, "condicións económicas moito menos gravosas" para as compañías.
Tras o visto bo da Xunta de Goberno Local, o novo regulamento dos PEIM comeza xa a funcionar, as empresas poderán solicitar participar acorde ás novas bases e o Concello avaliará a súa entrada nestes proxectos segundo os criterios técnicos validados hoxe.
Descargar todas as imaxes