Benestar Social abrirá na parroquia de Lavadores un novo Centro Municipal de Servizos Socias
A Concellería de Benestar Social presentará no pleno do vindeiro luns unha modificación de crédito de 350.000 para poder adquirir e adaptar os locais nos que se vai abrir un novo Centro Municipal de Servizos Sociais e continuar así achegando os servizos á cidadanía e mellorando a atención social. O centro estará na parroquia de Lavadores e nel habilitaranse novas Unidades de Traballo Social, seguindo co proceso de desdobramento que se ven realizando nas últimas semanas.
A concellería María Méndez explicou que se modifica a partida que inicialmente estaba reservada para a construción do centro de emerxencia social, unha vez que a Alcaldía asumiu a apertura e financiamento dun albergue temporal e posteriormente dun definitivo. A nacionalista indicou que se non se realiza esta modificación esa partida perderase e "non podemos permitirnos o luxo de deixar paralizados 350.000 euros cando esta cidade precisa seguir mellorando e ampliando os servizos que ofrece aos vigueses e viguesas.
María Méndez precisou tamén que como se trata dunha partida que figura no capítulo VI do orzamento, a destinada a investimentos, unicamente se pode destinar a unha finalidade similar, é dicir, a realizar un investimento. "A mellora da atención á cidadanía é para nós unha prioridade e por iso queremos aproveitar todos os recursos que temos para seguir ofrecéndolle máis e mellores servizos", afirmou.