Exposición sobre " O noso traxe, peza a peza. Reconquista da vila de Vigo - 2011"<br />
Na Casa Galega da Cultura preséntase esta exposición, promovida pola Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello Vigo e coordinada por Patricia González Iglesias, responsabel do taller de confección da Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello Vigo.
O noso traxe, peza a peza
Ao longo da historia a roupa foi evolucionando coa xente e coa súa vida. Ao contrario que na actualidade, a xente adaptaba a vestimenta ás tarefas que desenvolvían decote. O "fondo de armario" era bastante máis reducido que na actualidade.
Nalgúns casos unicamente tiñan a roupa que usaban a cotío. Esa roupa servía tanto para facer os traballos habituais, como para os días de festa. Con todo, a maioría das persoas tiñan dúas mudas, unha para traballar e outra para ir a misa, bailes, romarías, celebracións, etc.
O común era que non tivesen un atuendo para cada baile ou ocasión, senón que adaptaban o que tiñan. Para bailar as Danzas de Reis utilizaban os brancos que usaban a diario; para bailar unha peza na romaría (muiñeira, xota, etc.) facíano coa roupa que levaban nese momento, non ían a casa cambiarse para bailar; o mesmo que para ir á misa, ás celebracións, etc.
Semellaba haber un xeito habitual á hora de vestirse peza a peza, cunha orde lóxica e preestablecida, da mesma maneira, podemos dicir, que cada peza de roupa utilizada tiña un sentido, un motivo ou obxectivo.
A xente sentíase orgullosa das pezas que usaban, aínda que estas fosen contadas e para todas as ocacións, mais con adornos, adubíos conseguían que as súas fosen as pezas máis bonitas do lugar. Entre colectivos, como os gaiteiros, había rivalidade por levar o traxe máis fermoso, a monteira máis adornada, … malia, como dicíamos, teren só unha muda.
Con esta exposición querese, sobre todo, que se entenda que o traxe tradicional era a roupa que usaban habitualmente os nosos avós e avoas, e que o levaban con orgullo e dignidade. Escapemos da utilización que facían da nosa vestimenta os/as señoritos/as do século pasado como disfrace para o Entroido e, como recordo para con eles e elas, levémolo nós tamén co mesmo orgullo e dignidade.
Patricia González Iglesias
Os seus comezos foron da man da profesora de corte e confección de Saiáns para formarse como deseñadora de moda e patronista/escaladora. Dende ben pequena forma parte do grupo de baile da Asociación Veciñal de Saiáns e recibe clases de música tradicional da man de prestixiosos e queridos mestres, que lle aprenden a querer a nosa tradición.
A mestura destes dous mundos fai que se introduza no mundo do traxe tradicional e este convértese no seu medio de vida e na súa paixón. Crea o seu propio obradoiro de costura, xa vai para quince anos, onde investiga, deseña e confecciona de xeito artesanal traxes tradicionais, fundas a medida para instrumentos, vestidos para gaitas, etc.
É profesora responsable do Curso de costura tradicional da Asociación Veciñal e Cultural do Casco Vello de Vigo. Encárgase, tamén, do asesoramento e confección do vestiario da representación da Festa da Reconquista da Vila de Vigo.
Posuidora de diversas distincións, Certame de Xoves Deseñadores de Camariñas, Certame de Promoción da Moda Vigoferia e Mostra de Novos Creadores de Moda da Xunta de Galicia. Ten participado en conferencias e exposicións, A Reconquista de Vigo no Museo Quiñones de León, Mostra de Traxe Tradicional Galego no Casco Vello do Concello de Vigo, etc. Asemade, é autora do deseño seleccionado no concurso de ideas para o uniforme oficial do persoal educador e coidador das Galescolas, e ten deseñado e confeccionado o vestiario para representacións teatrais e espectáculos.
Polo seu obradoiro teñen pasado dende os seu inicios e o seguen a facer na actualidade, unha boa parte das persoas ligadas ao mundo da cultura tradicional galega, das asociacións, grupos e solistas. Hónrase en traballar man a man con artesáns de instrumentos tradicionais da nosa terra.
LUGAR: Casa Galega da Cultura. Praza da Princesa núm. 2. Vigo
INAUGURACIÓN: 11 de marzo de 2011, 20.00 h
CLAUSURA: 3 de abril de 2011
HORARIO:
Luns a venres: 18.00 – 21.30 h
Sábados: 11.00 – 14.00 h, 18.00 – 21.30 h
Domingos e festivos: 11.00 – 14.00 h
Luns 28 de marzo de 11.00 a 14.00 e de 18.00 a 21.30 h
Descargar todas as imaxes