xoves, 10 marzo 2011

Abel Caballero agradece a "enorme cooperación dos veciños" na humanización de Cesáreo Vázquez, cun investimento de 900.000 euros

O alcalde de Vigo acudíu hoxe xoves á inauguración da rúa Cesáreo Vázquez, con "máis de quilómetro e medio" de lonxitude e case 900.000 euros de investimento municipal. Caballero agradeceu aos veciños a súa "enorme cooperación" ao ceder terreo para ampliar o vial e construir beirarrúas, e subliñou a mellora que supuxo esta reforma na seguridade para peóns e vehículos.

O alcalde participa na celebración do Día Mundial do Ril na carpa informativa instalada en Príncipe

xoves, 10 mar 2011

Abel Caballero visitou este xoves a carpa informativa instalada na rúa do Príncipe pola Fundación Renal "Íñigo Álvarez de Toledo" con motivo do Día Mundial do Ril, onde persoal especializado mide a presión arterial e os niveis de azucre en sangue a todos aqueles que se acheguen. A carpa está habilitada durante a xornada de hoxe, en horario de mañá e de tarde. O alcalde sumouse á concienciación cidadá sobre as patoloxías e a súa prevención.

Tenencia e Benestar destinan 150.000 euros a cinco entidades que xestionan comedores e reparten alimentos

xoves, 10 mar 2011

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, presentou este xoxes os convenios bianuais asinados pola Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Benestar Social coas asociacións Afán, Casa da Caridade, Vida Digna, Hermanos Misioneros e Banco de Alimentos, ás que se lles destinan un total de 150.000 euros. O nacionalista salientou o labor que fan estas entidades na xestión de comedores e reparto de alimentos nunha situación de crise como a actual colaborando coa administración para dar resposta ás necesidades das persoas.

Santi Domínguez anuncia que a Orquestra Xovigo comeza o sábado a súa andaina coa estrea mundial da obra "Rhapsody"

xoves, 10 mar 2011

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, anunciou hoxe que a Orquestra Xovigo actuará por primeira vez os vindeiros 12 e 13 de marzo, ás 20.30 horas, no Auditorio Martín Codax do Conservatorio Superior de Música de Vigo coa estrea mundial da obra "Rhapsody in blue", do compositor galego Fernando Buide. O nacionalista expresou a súa satisfacción pola posta en marcha deste proxecto, que comezou a xestarse hai case dous anos e asegurou que amosa a "aposta pola formación dos xoves músicos vigueses".

Patrimonio Histórico propón visitas guiadas a Pereiró como complemento á mostra de Castrelos sobre a historia de Vigo

xoves, 10 mar 2011

O concelleiro de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez, presentou este xoves o programa de actividades didácticas complementarias á exposición "Vigo, século XIX: o nacemento dunha cidade", recentemente inaugurada no Museo da Cidade "Quiñones de León". O concelleiro nacionalista salientou que as visitas guiadas ao cemiterio de Pereiró que integran a proposta, dunha hora de duración e gratuítas, son un "elemento ilustrador da historia da cidade", xa que nel se atopan monumentos adicados ás figuras sobranceiras de Vigo desa época.