Santi Domínguez di que o Centro de Servizos Socias do Casco Vello é exemplo da mellora na atención á cidadanía
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e a concelleira de Benestar Social, María Méndez, inauguraron este mércores o remodelado Centro Municipal de Servizos Sociais do Casco Vello, ubicado na praza da Princesa. Segundo o nacionalista, a reforma feita neste centro amosa o compromiso da Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Benestar Social na atención ás persoas e a mellora da calidade asistencial.
Tras facer un percorrido polas instalacións, Santi Domínguez asegurou que, como xa ten repetido dende hai tempo, para o BNG "as persoas son o máis importante". Ao seu xuízo, nesta liña de traballar para mellorar a calidade de vida dos veciños e as veciñas, "non só sirven os grandes proxectos, senón que temos que ocuparnos de atender e respostar as súas demandas". O nacionalista puxo como exemplo a remodelación realizada neste centro para solucionar o seu deterioro. Especificou que na actualidade atende a 6.752 familias usuarias, pero que tras a reforma pode aumentar a súa capacidade de atención.
O tenente de alcalde asegurou que a atención personalizada é un dos obxectivos prioritarios que a concelleira de Benestar Social e o seu equipo teñen fixado dende o principio da mandato. "Nesta área tan importante, este obxectivo está máis que cumprido", destacou. Santi Domínguez mencionou que ademais de incrementar os orzamentos, déronse "máis axudas que nunca aos colectivos máis desfavorecidos", ademais de potenciar a atención personalizada e individualizada.
Na mellora dos servizos da atención á cidadanía, o departamento ten realizadou un importante traballo, que se iniciou coa remodelación da Unidades de Traballo Social do Concello e coa contrución do novo Centro de Servizos Sociais de Coia, cun investimento de 600.000 euros. A reforma do centro do Casco Vello é, segundo explicou, un paso máis na mellora dos servizos sociais. Apuntou que todo este trabalo levou parello o incremento do persoal de atención á cidadanía, "como nunca se fixera".
Santi Domínguez tamén avanzou que se está acomentendo o desdobramento destas Unidades de Traballo Social co obxectivo de que as traballadoras e traballadores sociais "poidan atender moito mellor as necesidades da cidadanía".
"Na Tenencia de Alcaldía e na Concellería de Benestar Social temos moi claro que nun momento de crise como este, no que hai moitas familias que o están pasando mal, son fundamentais os servizos sociais", manifestou o nacionalista. Para o tenente de alcalde, "todas as actuacións son mostra do compromiso real do BNG".
Descargar todas as imaxes