Escoitar

Caballero presidiu en Vigo o Comité Executivo da Rede Española de Cidades polo Clima que estableceu as liñas de actuación para 2011

O alcalde de Vigo e Presidente da Rede Española de Cidades polo Clima, Abel Caballero, presidiu a reunión do Comité e adiantou as liñas de actuación da entidade para este ano, que incorpora medidas de promoción do coche eléctrico, o eventual Premio Nacional do Clima, iniciativas relativas á biomasa e sistemas de acumulación e distribución común de enerxía para varios edificios.

martes, 8 mar 2011
1299592440recc.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presidiu este martes o Comité Executivo da Rede Española de Cidades polo Clima que preside, onde pasouse revista ao balance de 2010 e as iniciativas a implementar para 2011.

Segundo indicou Caballero ante os medios, o Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (idea) do Ministerio de Industria propuxo un convenio para a "promoción do vehículo eléctrico" que conlevaría o establecemento de selos de ouro, prata e bronce para os municipios que superen certas condicións relativas á flota pública destes coches, puntos de recarga, etcétera.

Por outra banda, a Rede estudará o plantexamento do Ministerio de Medioambiente para establecer o Premio Nacional do Clima, que premiará á cidade ou cidades que máis contribúan "á eliminación de factores relacionados co cambio climático". Este galardón sumaríase aos xa existentes a nivel estatal sobre outros temas como o deporte, onde Vigo foi merecedora da distinción en 2009.

O organismo tamén estudará propostas relativas á biomasa, e levarase a cabo un seminario para abordar esta realidade con informes técnicos sobre o seu funcionamento. En Vigo, a Federación de Veciños puxo sobre a mesa do Concello unha pequena planta de biomasa para facerse cargos dos restos xerados polos montes de man común vigueses.

Abel Caballero tamén indicou que a Rede comeza a elaborar o terceiro informe sobre as políticas dos distintos municipios contra o cambio climático, e vai estudar os "district heating", sistemas de acumulación e distribución de calor comuns a varias comunidades de edificios.

Segundo apuntou o rexedor vigués, estes mecanismos están "moi extendidos en Europa e pouco en España", e consistiría na instalación de acumuladores centrais e comúns para varias edificacións, evitando as caldeiras individuais e xerando "grandes economías de escala".

A "sensibilización e conciación" da cidadanía sobre o clima é "case o principal obxectivo da Rede", asegurou Caballero, e estos son "proxectos que poden e deben ocupar unha parte importante da actividade" da mesma. Actualmente a Rede Española de Cidades polo Clima está composta polos "300 municipios máis importantes de España" e totalizan 28 millóns de cidadáns españois. O alcalde vigués explicou que é "seguramente" a rede intermunicipal "máis importante no mundo", porque "non hai nada semellante en Europa".
Descargar todas as imaxes