luns, 7 mar 2011
Abel Caballero cifrou en 984.000 euros o investimento municipal nesta nova dotación de seguridade cidadá, a razón de 246.000 euros por ano, que estarán operativos "a mediados ou finais de abril". Trátase de 14 vehículos de patrulla, dous furgóns e dous todo terreo, que serán adquiridos polo sistema de renting, que ofrece facilidades para o servizo. O goberno local adxudicouno provisionalmente este luns.
luns, 7 mar 2011
A concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso, presentou este luns as actividades que terán con motivo do Día Internacional da Muller, que comezarán mañá 8 de marzo coa celebración dunha sesión plenaria específica ás 10 horas e a manifestación organizada pola Marcha Mundial das Mulleres ás 20 horas. A concelleira nacionalista salientou a importancia de reivindicar os dereitos das mulleres "nunha época de crise tan complicada como a actual", tal e como pon de manifesto o lema da convocatoria deste ano "Dereitos das mulleres e revolucion creactiva".
luns, 7 mar 2011
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o presidente da Federación de Bandas de Música da cidade, Enrique Lorenzo, rubricaron hoxe luns a reedición do tradicional apoio municipal ao colectivo, que este ano ampliarase para axudar aos grupos a adquirir instrumentos que non poden adquirir cos seus propios recursos.
luns, 7 mar 2011
O concelleiro de Cultura, Xesus López, presentou este luns o programa do décimo Festival Alternativo de Artes Escénicas de Vigo, que se desenvolverá do 10 ao 20 de marzo en distintos espazos culturais da cidade. O concelleiro nacionalista destacou que co motivo do Día Internacional da Muller e en colaboración coa Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo, a primeira xornada estará especialmente dedicada ás novas creadoras galegas cunha actuación no Marco ás 20 horas e outra no Auditorio Municipal ás 21.30 horas.
luns, 7 mar 2011
Os centros de Teis, Coruxo e Saiáns -dependentes da Concellería de Participación Cidadá que dirixe o socialista Santos Héctor- comezaron na mañá deste luns os obradoiros para nenos de idades comprendidas entre os 3 e os 13 anos. Os talleres celebraranse os días 7, 8 e 9 de marzo, en horario de 09:45 a 12:45 horas. Ademais na tarde do martes de Entroido terá lugar, a partires das 18:00 horas, unha gran festa de disfraces con concurso.
luns, 7 mar 2011
O Departamento de Educación de VigoZoo, dependente da Concellería de Medioambiente, porá en marcha estas xornadas que se desenvolverán do 8 ao 11 de marzo para formar a futuros educadores. A actividades terá lugar en horario de 9 a 14 horas nas instalacións do zoolóxico vigués.
luns, 7 mar 2011
A ruta do Camiño a Camiño, iniciativa da Concellería de Medioambiente que dirixe Chus Lago, percorreu onte domingo a antiga condución da traída da Auga, saíndo dos Valos, en Redondela, e finalizando en Pazos de Borbén. Os participantes atravesaron varias fervenzas e grandes carballeiras ao seu paso, onde non faltaron as referencias festivas ao Entroido.
luns, 7 mar 2011
O alcalde de Vigo viaxou onte domingo á localidade madrileña para seguir o encontro entre o Alcorcón e o Real Club Celta, onde estivo acompañado do Presidente da entidade deportiva, entre outras autoridades. O Concello axudou aos aficionados celestes a desprazarse ata Alcorcón poñendo varios autocares gratuitos a disposición dos siareiros do club celeste.