O alcalde inaugura a segunda fase da humanización de López Mora, cun investimento total na rúa de 3,5 millóns de euros
Abel Caballero inaugurou hoxe venres o treito entre Pi y Margall e José Frau Ruiz, unha actuación de case medio quilómetro e 7.500 m2 de superficie que supuxo un orzamento de 1,75 millóns de euros. Xunto coa primeira fase, rematada semanas atrás, o investimento municipal na rúa López Mora suma 3,5 millóns, 15.000 m2 de actuación e a renovación integral das redes de servizos soterradas.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou hoxe venres a segunda fase da humanización da rúa López Mora, o treito entre Pi y Margall e José Frau Ruiz, completando unha reforma á que o Concello destinou 3,5 millóns de euros
O treito entre Pi y Margall e José Frau Ruiz, o segundo e último aberto da rúa humanizada, conta cunha lonxitude de 450 metros de actuación. Caballero indicou que realizouse unha humanización "coa estética habitual" -co arborado, xardinerias, bancos...- e tendo en conta a renovación de todas as canalizacións soterradas -abastecemento, saneamento e pluviais- que suman máis de dous quilómetros de novas redes.
O arranxo de todo López Mora suma 3,5 millóns de euros para case 1 quiómetro e 15.000 m2 de superficie, unha actuación "moi relevante" con case dous quilómetros de abastecemento cambiados e outro tanto de saneamento e pluviais.
O alcalde explicara que a rúa quedara "moi obsoleta" e hoxe é "símbolo da modernidade", polo que amosou unha "gran satisfacción por poder presentar esta humanización, co emprego que significou e a cantidade de traballadores que atoparon aquí o seu posto de traballo durante case oito ou nove meses".
Abel Caballero tamén apuntou que o goberno local levou adiante o acondicionamento tamén da confluencia de López Mora e Tomás Alonso, hoxe xa "unha parte notable do Vigo que queriamos".
Descargar todas as imaxes