Escoitar

O Concello e as empresas concesionarias municipais redactarán un convenio de apoio ao Real Club Celta de Vigo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, o Presidente do RC Celta, Carlos Mouriño, e representantes dunha decena de empresas concesionarias municipais asinaron este xoves unha declaracións comprometéndose a redactar un convenio a favor da entidade deportiva, que conlevará achegas económicas municipais e das concesionarias. Caballero salientou a importancia de contar co club na Primeira División como proxeción da cidade de Vigo no exterior.

xoves, 3 mar 2011
1299160555celta.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e responsables das empresarias concesionarias municipais comprometéronse este xoves a redactar un convenio de colaboración do Real Club Celta de Vigo.

Segundo a declaración acordada, o Concello e empresas como Cespa, Contenur, FCC, IMESAPI, ou Dornier -entre outras- procederán "á redacción do oportuno convenio a favor do Real Club Celta de Vigo, con cargo ás partidas orzamentarias da Alcaldía para o presente ano 2011 e coas contribucións que se acorden con estas sociedades".

O alcalde, Abel Caballero, defendeu o apoio municipal á entidade polo interese e a proxección exterior que tería Vigo ao contar cun clube como o Real Club Celta na máxima categoría do fútbol español.
Descargar todas as imaxes