Escoitar

Caballero subliña que en Vigo "valoramos e apoiamos" o compromiso do ministro de Fomento coa Alta Velocidade galega

O alcalde de Vigo valorou este mércores de "moi notable" e "excepcional" o compromiso adquirido hoxe polo ministro de Fomento, José Blanco, coa chegada da Alta Velocidade a Galicia, proxecto que avala co seu cargo. Abel Caballero defendeu "o noso dereito" a contar co AVE na comunidade e destacou que esta conexión permitirá unir Vigo con Madrid en dúas horas e media.

mércores, 2 mar 2011
1299072698Imagen005.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este mércores que na cidade "valoramos e apoiamos" o compromiso do ministro de Fomento, José Blanco, coa chegada do AVE a Galicia, proxecto que avalou hoxe co seu cargo.

Abel Caballero indicou que esta nova declaración de Blanco representa a asunción dun compromiso "moi notable" coa Alta Velocidade galega, "poñendo en xogo o seu cargo" coa conexión ferroviaria galega, "o tramo común do AVE ata Ourense", recordou.

O alcalde vigués defendeu o "noso dereito" como galegos de contar coa Alta Velocidade e agradeceu o "compromiso excepcional" asumido polo ministro de Fomento co treito de entrada a Galicia, que será a 250 quilómetros por hora e permitirá unir Vigo con Madrid en dúas horas e media.
Descargar todas as imaxes