Najwa Nimri presenta mañá xoves no Auditorio Municipal o seu último disco "El último primate"
O Auditorio Municipal acolle mañá, 3 de marzo ás 20.30 horas, o concerto de Najwa Nimri, no que presentará o seu último traballo discográfico "El último primate". O prezo das entradas para esta actuación, integrada na programación estable de artes escénicas da Concellería de Cultura, é de 10 euros e pódense mercar na web www.laboleteria.es ou na propia taquilla unha hora antes do comezo das actuacións.
Este novo traballo supón para Najwa Nimri un desafío tanto persoal como musical, afastándose de sons electrónicos e por primeira vez con letras en español, algo que non fixera anteriormente. Gravado en Londres e producido pola propia Najwa Nimri xunto a Alfonso Pérez, en colaboración con Raúl Santos, "El último primate" é un disco cun fantástico son, tranquilo, punzante e con letras auténticas.
De pai xordano e nai navarra, o nome Najwa Nimri significa "éxtase" en árabe, a lingua do seu pai. De pequena trasladouse a Bilbao e vive actualmente en Madrid. Deuse a coñecer como actriz grazas ao seu papel en "Salto al vacío", a primeira película do cineasta vasco Daniel Calparsoro. En canto á súa carreira musical, antes da súa primeira incursión na pantalla, Najwa Nimri cantaba como parte do coro de Respect (música soul) e de Clan Club (jazz) e máis tarde formou xunto a Carlos Jean o grupo Najwajean. Con esta formación editou "No Blood" en 1998, "Selection" (2002), "Ten years after" (2007) e "Till it breaks" (2008), ademais das bandas sonoras de "Asfalto" e "Guerreros". En solitario publicou "Carefully", "Mayday" e "Walkabout" coas súas respectivas edicións especiais.