martes, 1 mar 2011
Abel Caballero informou da aprobación das bases da adxudicación da Xunta de Goberno Local celebrada a pasada semana, que sufragará a estancia case un mes no Reino Unido a 250 estudantes de centros públicos de 4º da ESO e a outros 40 de concertados. O alcalde estima que a oferta municipal poderá cubrir a demanda nos colexios públicos de Vigo. Os beneficiarios deberán ter unha nota mínima dun 6 en inglés.
martes, 1 mar 2011
O tenente de alcalde e concelleiro de Turismo, Santi Domínguez, presentou este martes a nova "unidade móbil turística de Vigo", que dende a súa primeira parada en Pontevedra percorrerá ata maio un total de 27 cidades baixo o lema "Velo para querelo". O nacionalista destacou que é unha nova acción do Plan de Competitividade Turística de Vigo, que xa ten posto en marcha outras importantes iniciativas como a estrea do documental "Novo Vigo Vello", e complementa outas accións como a creación do Vigo Convention Bureau, que está captando novos congresos para a cidade.
martes, 1 mar 2011
O concelleiro de Cultura, Xesus López, presentou hoxe a sétima edición do festival Isto Ferve, que terá lugar do 4 ao 27 de marzo no Teatro Ensalle. O nacionalista salientou a importancia de organizar festivais de teatro alternativo, como este certame, no que participarán catro compañías de longa traxectoria: Provisional Danza, Magrinyana, Cambaleo Teatro e El Canto de la Cabra.
martes, 1 mar 2011
Responsables da antiga Tranvías Eléctricos fixeron este martes entrega ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, dunha sección transversal da vía do antigo tranvía que circulaba por Policarpo Sanz, atopada na recente humanización desta Avenida e construción do aparcamento soterrado. Explicou Caballero que a vía data de cen anos atrás e é un "símbolo do progreso da cidade".
martes, 1 mar 2011
O programa estable de artes escénicas que organiza a Concellería de Cultura e Animación Sociocultural no Auditorio Municipal continúa mañá, 2 de marzo ás 20.30 horas, cunha nova actuación da Orquestra Vigo 430. O concerto terá a Alejandro Garrido como director e nesta ocasión contará con Anna Puig como viola solista. O prezo das entradas é de 5 euros e pódense adquirir na web www.laboleteria.es ou na taquilla unha hora antes do comezo da actuación.
martes, 1 mar 2011
O Museo "Quiñones de León" programa actividades didácticas da exposición "Vigo século XIX.O Nacemento dunha cidade" que comezarán o príximo 5 de marzo ata o 28 do mesmo mes. O programa didáctico da exposición está dirixido a todos os públicos e ten carácter gratuíto.
martes, 1 mar 2011
" A muller ante a crise" é o título de charla que organiza a vogalía da muller da Federación Veciñal "Eduardo Chao" e que terá lugar este venres, 4 de marzo ás 20:00h no Centro Social Novacaixagalicia. Na charla intervirán: Carme Adán (BNG), Lucía Molares (PP) e Mª Xosé Caride (PSOE.<br />