Inauguración de Música en Branco no Verbum
O próximo martes 1 de marzo, ás 20.00 horas no Museo Verbum , o Festival Sinsal presenta a "primeira parada" da exposición MÚSICA EN BRANCO: MEMORIA DUNHA CIDADE. Ata o 27 de marzo, poderase visitar esta exposición e participar nunha obra colectiva, unha homenaxe á música que nos emociona.
A exposición é un traballo de campo, de investigación , onde cada persona ademais de achegar o seu recordo persoal sobre unha melodía, tamén participe nunha homenaxe colectiva a eses sons encadeados que tan bos recordos non deixaron.
"Música en braco: memoria dunha cidade" é unha exposición aberta, en constante progresión, sen data de caducidade, aínda que durante uns días , tentarase encerrar nun altofalante algúns recordos. Na propia exposición haberá unha gravadora para recoller a túa testemuña. Pero ademáis, poderase escribir unha mensaxe nas paredes dunhas peanas- como se fora dun "backstage".
Despois do Verbum, as peanas circularán por outros concertos, recintos, festivais, etc., ata serigrafíar toda a superficie e completar o maior número posible de opinions. Xa hai 500 entrevistas, 500 nomes, 500 cancións de grupos, bandas sonoras, sintonías, cabeceiras, anuncios, etc.
Descargar todas as imaxes