Bases do I Certame de Pintura "Antonio Quesada"
A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo, na sesión ordinaria do 21/02/2011 aprobou as bases do I Certame de Pintura "Antonio Quesada" para xoves creadores/as da comunidade galega. As persoas interesadas poderán dispoñer de ditas bases nas webs www.museodevigo.org e www.vigo.org e no departamento de Información do Concello. Tamén incluense nesta información:
EXPTE. 4263-337.- BASES REGULADORAS E CONVOCATORIA ESPECÍFICA DO I CERTAME DE PINTURA "ANTONIO QUESADA" PARA XOVES CREADORES/AS DA COMUNIDADE GALEGA
Primeira.- Obxecto.
O obxecto ao que se refiren as presentes bases e convocatoria específica é o I certame de pintura "Antonio Quesada" para xoves creadores/as da comunidade galega, que terá lugar entre os días 29 de abril e 1 de maio de 2011, na praza da Princesa de Vigo, e/ou no seu contorno. Certame organizado polo Museo da Cidade "Quiñones de León" e a Concellería de Patrimonio Histórico do Excmo. Concello de Vigo
Segunda.- certame.
Concederase un PRIMEIRO PREMIO de CATRO MIL (4.000) euros á obra que o xurado valore máis destacada pola súa calidade artística; e un SEGUNDO PREMIO de DOUS MIL (2.000) euros á obra que, despois da anterior, e co mesmo criterio, valore máis destacada. Así mesmo o xurado poderá conceder os ACCÉSITS que considere para cuxa dotación destinase unha cantidade máxima de DOUS MIL (2.000) euros. O Concello de Vigo practicará as correspondentes retencións do IRPF sobre as cantidades percibidas.
O crédito orzamentario desta convocatoria ascende á cantidade de 8.000 euros da partida 3330 4810000 do orzamento do museo municipal de 2011.
Terceira.- Requisitos dos/das participantes
1.Poderán participar artistas nados/as ou residentes en Galicia, de idades comprendidas entre os 16 e os 35 anos, no momento da realización da inscrición.
2. En xeral serán obrigas dos participantes as previstas nestas bases e convocatoria, e particularmente as sinaladas nos artigos 10 e 11 da Lei de subvencións de Galicia. Con este obxecto será necesario achegar, xunto a ficha de inscrición, unha declaración de non estar incursos nas prohibicións que recollen os apartados 2 e 3 do citado artigo 10.
Cuarta.- Requisitos das obras e exposición
1. Cada artista poderá presentar a concurso unha única obra de dimensións máximas de 150 x 150 cm e mínimas de 75 x 75 cm. A obra deberá ser única e orixinal; estar realizada sobre soporte bidimensional de calquera material agás vidro; con calquera técnica de carácter fundamentalmente pictórica e temática libre.
2. O xurado realizará unha selección dos/das artistas presentados tendo en conta, por esta orde: a calidade da obra presentada; o currículo do/a artista; e a data de inscrición no rexistro. Seguindo os mesmos criterios o xurado elaborará unha lista de reserva co obxecto de cubrir as baixas que se poidan producir na lista de seleccionados/as.
As listas de artistas seleccionados e de reserva daranse a coñecer, antes do 17 de abril de 2011, na páxina web do museo municipal (www.museodevigo.org).
3. Os/as artistas seleccionados/as entregarán á organización, persoalmente ou mediante persoa delegada - acreditada documentalmente con este fin - a obra presentada na Casa Galega da Cultura de Vigo (praza da Constitución, 1, Vigo) entre as 16.00 e as 20.00 horas do xoves día 28 de abril de 2011.
A obra entregarase enmarcada con listón simple, preparada para o seu colgado, e cos seguintes datos no seu dorso: título, medidas, nome e apelidos do autor ou autora e seudónimo se o ten.
Ao recibo da obra a organización entregaralle ao/á artista o correspondente resgardo de entrega que será necesario para a súa posterior devolución.
As obras non presentadas no prazo establecido consideraranse automaticamente fóra de concurso. Finalizado o prazo procederase a inmediata convocatoria das reservas para reemprazo dos e das artistas non presentadas.
4. Será competencia exclusiva da organización a asignación do espazo expositivo para as obras seleccionadas co obxecto de conseguir o mellor aproveitamento do espazo dispoñible. Os/as artistas autorizanlle á organización o porteo e montaxe e desmontaxe das súas obras. A organización porá o maior celo no que concerne a protección e vixilancia das obras durante a súa manipulación e exhibición se ben queda exenta de calquera clase de responsabilidade derivada dos prexuízos que durante estes procesos puidesen producirse. Queda por conta dos e das artistas a valoración da necesidade de asegurar as obras presentadas.
5. Os/as artistas poderán retirar as obras non premiadas o luns 2 de maio, entre as 9.00 e as 14.00 horas. Transcorrido este prazo, considerase que os e as artistas renuncian ás obras. O Concello de Vigo queda facultado para dispor libremente delas, sen recoñecemento de dereitos de reclamación ou indemnización de ningunha clase.
6. Os e as artistas autorizan á organización a dispor libremente da reprodución fotográfica das obras presentadas e cedéndolles os dereitos correspondentes de xeito exclusivo co fin de realizar as publicacións en papel ou electrónicas que desexe realizar.
7. A exposición inaugurarase formalmente o venres 29 de abril de 2011, ás 18.00 horas. As obras quedan expostas ata o domingo 1 de maio ás 20.00 horas.
Quinta.- Concesión do premio
1. O procedemento para a concesión do premio será o de concorrencia competitiva que se iniciará de oficio tras a aprobación das presentes bases e convocatoria pola Xunta de Goberno Local.
2. Existirá un xurado, composto da seguinte forma:
PRESIDENTE. Presidente da Xunta Reitora do Museo da Cidade "Quiñones de León" ou concelleiro no que delegue.
PRESIDENTE HONORARIO. D. Antonio Quesada Porto, ou vogal da xunta reitora do museo no que este delegue.
VOGAIS:
Catro persoas de recoñecido prestixio no ámbito das artes plásticas designadas polo presidente da xunta reitora por proposta do Museo da Cidade "Quiñones de León";
O Director do Museo da Cidade "Quiñones de León" ou técnico no que delegue.
SECRETARIA. A coordinadora do Museo da Cidade "Quiñones de León", con voz e sen voto.
A composición do xurado coñecerase tres días antes do dictame. En caso de producirse empate resolverá o voto de calidade do presidente do xurado. O xurado reservase o dereito a declarar o certame deserto así como a conceder os accésits que considere oportunos.
3. A lectura do dictame do xurado, na que se anunciarán as obras premiadas, terá lugar o sábado 30 de abril, ás 12 horas, na praza da Princesa ou na Casa Galega da Cultura.
4. A concesión do premio notificarase aos artistas presentados, no prazo de dez días hábiles a partir da data de concesión, de acordo co previsto no artigo 58 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
5. As obras premiadas pasarán a ser propiedade do Excmo. Concello de Vigo con destino á súa colección municipal de arte galega. Así mesmo o xurado estudará a posibilidade de incorporación das obras beneficiarias con accésits a esta colección.
Sexta.- Presentación das solicitudes
A inscrición realizarase no Rexistro Xeral do Concello de Vigo antes das 13.00 horas do venres 25 de marzo de 2011 mediante ficha normalizada que estará dispoñible no Rexistro Xeral, no Pazo de Castrelos-Museo da Cidade, e na páxina web do museo municipal (www.museodevigo.org).
Xunto coa ficha de inscrición, completamente cumprimentada, o/a artista deberá presentar en sobre pechado, debidamente identificado polo exterior co nome da persoa inscrita a documentación seguinte:
Fotocopia do DNI ou documentación acreditativa de residencia en Galicia
Breve currículum vitae
Fotografía en cor da obra a concurso en boa calidade e resolución mínima 300 pp.
Declaración de non estar incurso nas prohibicións que recollen os apartados 2 e 3 do artigo 10 da Lei de subvencións de Galicia..
A documentación presentada pasará a formar parte do CEDOM (Centro de Documentación do Museo da Cidade "Quiñones de León").
Sétima.- Corrección da solicitude
Consonte co establecido no artigo 71 da Lei 30/92, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, se a documentación aportada fose incompleta ou non reunise os requisitos esixidos na presente convocatoria, a/o solicitante será requirido para que complete a documentación ou amañe a falla, no prazo de 10 días hábiles, contados a partir da recepción da notificación, coa advertencia de que se non o fixese se lle terá por desistida a súa solicitude e arquivarase o expediente.
Oitava.- Publicidade
A presente convocatoria coas bases reguladoras do I Certame de Pintura "Antonio Quesada", para xoves creadores/as da comunidade galega, serán publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, na prensa local da cidade de Vigo, no taboleiro de anuncios do edificio municipal e nas páxinas web www.vigo.org e www.museodevigo.org, unha vez aprobadas pola Xunta de Goberno Local.
Novena.- Órganos competentes para a instrucción e resolución do procedemento e prazo para a notificación da resolución
1. O Museo "Quiñones de León" será o encargado da instrución do procedemento relativo ó I Certame de Pintura "Antonio Quesada" e a Xunta de Goberno Local será o órgano competente para conceder os premios por proposta do xurado.
2. Emitido o resultado polo xurado, e antes da proposta de resolución á Xunta de Goberno Local, os/as artistas premiados/as deberán acreditar que se achan ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e para coa Seguridade Social mediante a presentación das certificacións ás que se refire o artigo 22 do R.d. 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da lei xeral de subvencións. Tamén acreditará, no seu caso, que se acha ao corrente das súas obrigas para co Concello de Vigo, para o cal, entenderase que, polo feito de participar, o/a artista autoriza ó órgano instrutor para solicitar de oficio os datos e a documentación acreditativa de tal extremo aos departamentos administrativos responsables.
3. A resolución da Xunta de Goberno Local, sobre concesión dos premios, esgota a vía administrativa e contra esta poderá interpoñerse recurso de reposición ante a Xunta de Goberno Local no prazo dun mes que contará dende o día seguinte ao da súa notificación, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Vigo, no prazo de dous meses desde o seguinte ao da notificación, de acordo co artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro e 8.1 e 46 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.
Décima.- Pagamento
1. O pagamento dos premios tramitarase a partir dun mes contado dende o día seguinte ao outorgamento pola Xunta de Goberno Local de non existir recurso ningún; e de existir recurso, tras seren cumpridos os prazos legais para a súa resolución.
2. Antes de proceder ao pagamento da cantidade relativa aos premios, os gañadores deberán acreditar estar ao corrente no pagamento das súas obrigas fiscais e non ser debedor por resolución de procedencia de reintegro, o que poderá realizar por medio dunha declaración responsable.
Décimo primeira.- Tratamento dos datos de carácter persoal.
Os datos das persoas que se presenten ao certame, agás no relativo a este, serán tratados e protexidos de acordo co previsto na Lei 30/1992, do 26 de novembro de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e na Lei 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, e será responsable do seu tratamento o Museo da Cidade "Quiñones de León".
As persoas beneficiarias do presente premio poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante o Museo da Cidade "Quiñones de León".
Décimo segunda.- Normativa aplicable.
A participación nesta convocatoria supón a aceptación das presentes bases, que se rexerá pola Lei 9/2007 do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; a Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións e o Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o seu regulamento, nos seus preceptos básicos; a lexislación básica do estado en materia de réxime local; os preceptos non básicos da Lei Lei 38/2003 e do Real decreto 887/2006; as Bases de execución do orzamento do Concello de Vigo para o ano 2009, as restantes normas de dereito administrativo e, no seu defecto, as normas de dereito privado.