Urbanismo inicia o estudo para redeseñar a nova entrada a Vigo desde a Avenida de Madrid
O Consello da Xerencia municipal de Urbanismo, celebrada este xoves, acordou iniciar a redacción do estudo do novo proxecto viario de entrada a Vigo desde o Seminario. O alcalde de Vigo, Abel Caballero, explicou que é preciso "readaptar" este acceso atendendo á proxectada autovía de Vigo a Porriño. O trazado anterior, que creaba un novo vial ata Finca do Conde, foi "descartado" en conxunto co Ministerio de Fomento por ser "un novo corte en medio da cidade de Vigo".
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este xoves do inicio dos traballos de redacción do estudo para redeseñar a nova entrada viaria a Vigo desde o Seminario.
A Xerencia de Urbanismo, reunida hoxe, deu luz verde ao comezo dos trámites deste estudo, unha vez o goberno local e o Ministerio de Fomento acordaron descartar o "mal trazado" anterior, que abría "un novo corte en medio da cidade de Vigo" ata rematar en Finca do Conde, explicou Caballero.
O alcalde estimou necesario "readaptar" os viais de entrada para encaixalos coa proxectada nova autovía de Vigo a Porriño e para rematar co acceso "duro e complexo" que supón hoxe en día a Avenida de Madrid.
Descargar todas as imaxes