Caballero ve na chegada da multinacional chinesa Citic unha "oportunidade que debemos aproveitar" no gran Vigo
O alcalde de Vigo entrevistouse este mércores cos responsables do xigante chinés, que acaban de introducirse na industria do área viguesa coa adquisición da empresa Censa, en Porriño. Caballero valorou esta entrada de capital estranxeiro como unha "oportunidade moi importante" para o terretorio cun "alcance difícil de medir". O rexedor enfatizou que esta gran compañía quere afianzarse no área metropolitana viguesa e avogou por traballar en conxunto para consolidalo.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este mércores que a entrada do xigante chinés Citic na industria da área metropolitana viguesa é "unha oportunidade que debemos aproveitar".
O rexedor recibiu na Alcaldía aos responsables da compañía oriental, que acaban de adquirir a factoría de Censa en O Porriño, propiedade do actual presidente do Real Club Celta de Vigo, Carlos Mouriño, tamén presente na reunión desta mañá.
Abel Caballero valorou a inxección de capital que supón a chegada de Citic para a industria e a economía do gran Vigo, que "abre unha oportunidade moi importante" dun "alcance difícil de medir". O alcalde destacou, xunto ao investimento propiamente dito, que esta compañía quera facer de Vigo unha "plataforma" na que desenvolver o seu proxecto empresarial, polo que ofreceuse a traballar conxuntamente na súa implantación e consolidación.
Descargar todas as imaxes