Máis de medio centenar de empresarios respaldan a postura do goberno local para que o Área Metropolitana non duplique administracións
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, entrevistouse este mércores cun colectivo empresarial da cidade para intercambiar opinións sobre o proxecto de lei de Área Metropolitana, encontro que o rexedor cualificou de "interesantísimo" e do que obtivo o "respaldo" á postura do goberno local de que a creación do novo ente implique a cesión de competencias doutras administracións para evitar duplicidades. "O apoio foi total", aseverou Caballero sobre os empresarios, quenes pediron que o Área inclúa competencias de solo industrial e transporte metropolitano.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, mantivo hoxe mércores unha reunión de traballo con máis de medio centenar de empresarios da cidade, que respaldaron a posición do goberno local de que a creación da futura Área Metropolitana de Vigo non duplique administracións.
En rolda de prensa, Abel Caballero explicou que o encontro foi "interesantísimo" e obtivo o "respaldo" á posición do goberno de Vigo sobre a cuestión, é dicir, que non implique gastos adicionais á cidadanía, que non xere novas burocracias e que sexa eficiente e gobernable. "Recibín unha negativa absoluta a que exista duplicidade de administracións", apuntou.
"O apoio foi total", indicou o alcalde sobre a exposición do modelo. Os empresarios transmitíronlle que a futura entidade metropolitana debería asumir competencias relativas ao solo industrial e ao transporte metropolitano. Respecto a este último punto, Caballero expresou o "respaldo" empresarial ao posicionamento vigués de que a implantación deste servizo autonómico non conleve novas cargas económicas para os vigueses e as viguesas.
O alcalde de Vigo reiterou que cada competencia e recursos que reciba a futura Área de Vigo debe supor a saída da administración que as cede, en particular, a Deputación de Pontevedra.