O tenente de alcalde estuda recuperar a campaña de parking gratuíto para quen merque no pequeno comercio
Seguir apoiando ao pequeno e mediano comercio, con novas iniciativas para a súa modernización e campañas de promoción. Esa é a liña de traballo que a Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Comercio continuarán desenvolvendo, segundo trasladou hoxe o tenente de alcalde aos comerciantes no percorrido que fixo por diferentes establecementos da zona comercial centro. O nacionalista avanzou que se está estudando recuperar a campaña de estacionamento gratuíto para as persoas que merquen no comercio de proximidade e tamén que se desenvolverá unha campaña de promoción de Vigo en Portugal, que vai favorecer a chegada de visitantes que aproveitan as súas saídas para facer compras.
A visita de hoxe enmárcase nos percorridos que Santi Domínguez fai habitualmente ás diferentes zonas comerciais da cidade para coñecer de primeira man as inquedanzas e suxestións dos comerciantes, sobre todo, "diante desta situación económica complicada que lles afecta especialmente".
O tenente de alcalde sinalou que ademáis dos 2,4 millóns en axudas directas ao comercio e para o fomento do consumo que se distribuíron nos dous últimos anos, a Concellería de Comercio tamén apoia ao sector con iniciativas novidosas como "De tendas por Vigo" que esta semana iniciou a súa primeira fase de implantación coa incorporación de establecementos ao directorio. "Estamos a ter unha moi alta colaboración e contamos con que en poucos días estean incorporados entre 500 e 600 comercios", apuntou. O seguinte paso será a distribución das tarxetas de fidelización, que permitirán obter agasallos e descontos aos clientes.
Os comerciantes aos que hoxe visitou Santi Domínguez manifestaron a súa satisfacción polas medidas que se están a poñer en marcha e tamén pola mellora das rúas coas obras de humanización tanto na zona centro como no Casco Vello.
Descargar todas as imaxes