Escoitar

Vigo inicia as actividades conmemorativas do centenario do nacemento de Álvaro Cunqueiro que se celebran en Galicia

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, presentaron este mércores as actividades co que a cidade inicia os actos de conmemoración desta efeméride en Galicia. O próximo sábado, 26 de febreiro, celebrarase o acto central, con representacións musicais e teatrais, e toda a semana, desde hoxe, a Praza da Constitución acolle textos traducidos a 15 idiomas para a cidadanía.

mércores, 23 feb 2011
1298469479cunqueiro.jpg
A cidade viguesa é a primeira en Galicia en conmemorar a data por ser a urbe do pasamento de Cunqueiro, un 27 de febreiro, e terá continuidade noutros municipios galegos posteriormente.

O acto do sábado ás 19 horas será no Centro Social Novacaixagalicia e contará coa presenza e participación do alcalde de Vigo e o presidente do Consello da Cultura Galega, entre outras autoridades. Haberá actuacións musicais a cargo de Emilio Batallán e representación teatral da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.

Ao longo desta semana, ademais dos textos para recollida cidadá na Praza da Constitución, a programación inclúe a obra de Cunqueiro publicitada pola cidade e nas liñas de autobús urbano C1 e as que conectan coa Universidade.

Tanto o alcalde de Vigo, Abel Caballero, como o reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, amosaronse satisfeitos de levar adiante a conmemoración e posta en valor da figura e obra de Álvaro Cunqueiro.
Descargar todas as imaxes