A Sociedade Filharmónica interpretará mañá xoves no Auditorio Municipal pezas de Vivaldi, Mozart, Bach, Falal e Granados
O Auditorio Municipal acolle mañá, 24 de febreiro, unha nova actuación organizada pola Concellería de Cultura e Animación Sociocultural dentro do seu programa estable de artes escénicas. Será o concerto que ofrecerá a Sociedade Filharmónica, integrada polo dúo do pianista Juan Manuel Varela e a soprano Aida López Carrera, a partir das 20.30 horas. As entradas teñen un prezo de 5 euros e pódense adquirir na web www.laboleteria.es ou na taquilla unha hora antes do comezo da actuación.
Juan Manuel Varela é o pianista do Orfeón Terra Nosa. Está especializado na faceta de pianista acompañante e habitualmente traballa con directores como Antoni Ros Marba, Víctor Pablo Pérez, Oliver Von Dohnanyi, Alberto Zedda, Jean Christoph Frisch... Ten discos gravados coa soprano Laura Alonso.
Aida López Carrera é licenciada en Canto e Dirección Coral polo Instituto Superior de Arte da Habana. Como solista participou no Mesías, o Requiem de Faure, a Gloria de Vivaldi, o Requiem de Brahms, Le Roi David, Misa Brevis KV 49 de Mozart. Cantou os papeis principais de óperas como Bastian e Bastiana, La nozze dei Figaro, Dido and Aeneas de Purcell, entre outros. Deu numerosos recitais interpretando Lied e canción de concerto tanto en Cuba como en España, e colabora habitualmente coa Real Filharmonía de Galicia, Orquestra Sinfónica de Galicia, Collegium Musicum de Praga.
A primeira parte do programa musical está integrado porpezas de Vivaldi, Haendel, Bach, Mozart e Schubert. Na segunda parte interpretarán obras de Donzetti, Puccini, Falla, Granados, Lecuona, Mompou, Gaos, e Sorozábal.