Escoitar

O Concello traballará con Dalphimetal para que os seus produtos de seguridade se incorporen aos novos modelos que fabricará Citroën en Vigo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, visitou este mércores a factoría de compoñentes para a automoción, onde acordaron traballar en conxunto para que os elementos de seguridade no automóbil que ensamblan en Vigo poidan incorporarse aos novos modelos da planta de Balaídos de PSA. Ademais, Caballero anunciou que buscarán o respaldo do Ministerio de Ciencia a tres proxectos innovadores que impulsa a terceira empresa da cidade.

mércores, 23 feb 2011
1298469539dalphi.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este mércores que o goberno local traballará con Dalphimetal para que as pezas de seguridade que esta empresa fabrica en Vigo poidan incorporarse aos novos modelos de Citroën en Vigo.

Tras unha visita ás instalacións da empresa de compoñentes da automoción no Caramuxo, o socialista subliñou a presenza "en todo o mundo" dos elementos de seguridade "activa e pasiva" de Dalphimetal, onde traballan 500 persoas, consolidándose como a terceira empresa da cidade.

O "plantexamento conxunto" acordardo polo alcalde cos responsables da empresa inclúe solicitar o respaldo do Ministerio de Ciencia para tres proxectos innovadores relativos a airbags intelixentes, volantes e a reutilización de residuos industriais.

Abel Caballero amosou "toda a vontade de apoiar a esta factoría para que a súa fabricación sexa utilizada pola industria de Vigo", polo que avogou pola "máxima presenza" de Dalphimetal no tecido vigués. O obxectivo das dúas institucións pasa por incorporar a producción de seguridade da compañía nos novos modelos que fabricará a planta de Balaídos de PSA Peugeot Citroën.
Descargar todas as imaxes