martes, 22 feb 2011
O alcalde de Vigo confirmou este martes que o aeroporto de Vigo poderá operar as 24 horas do día desde finais deste ano, cando o control estea concesionado de acordo coa nova lexislación aeroportuaria. Desde entón, as empresas de transporte de mercancías poderán ter Peinador aberto a calquera hora, previo aviso con 12 horas de antelación. Con esta medida preténdese dar resposta ao incremento das mercancías rexistradas no aeroporto vigués nos meses de xaneiro e febreiro.
martes, 22 feb 2011
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, mantivo este martes unha xuntanza con representantes da Mesa pola Normalización Lingüística, Tras o encontro, o nacionalista manifestou a súa disposición a colaborar con esta entidade "para potenciar a nosa lingua en todos os sectores e que estea máis presente na nosa cidade".
martes, 22 feb 2011
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e os responsables da institución acordaron este martes abordar tres opcións para ampliar o número de prazas dispoñibles, actualmente sobre as 500. As alternativas que vanse estudar son a ampliación da sede nun solar colindante, habilitar un local anexo noutro punto da cidade ou a construción dun novo edificio. "Chegou o momento" de atender á "elevadísima demanda" que presenta o Conservatorio Profesional, apuntou Caballero.
martes, 22 feb 2011
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a concelleira de Medioambiente, Chus Lago, visitaron hoxe martes a nova instalación do parque de A Madroa, coa participación duns cen nenos e nenas. Os rapaces visitaron a cúpula co alcalde e a edil, ademais de atender a unha pequena charla divulgativa e visitar as instalacións de VigoZoo.
martes, 22 feb 2011
O concelleiro de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez, presentou este martes o primeiro Certame de Pintura "Antonio Quesada" para novos creadores. Eudosio Álvarez afirmou que un dos obxectivos desta iniciativa, na que poden participar mozos e mozas entre 16 e 35 anos, é "animar á produción artística entre a xuventude de Galiza", ademais de recuperar o "vello certame da Praza da Princesa", que nos anos setenta foi un referente na cidade.
Psicanálise, Marxismo, Feminismo: a esquerda lacaniana<br />
Análise de textos de Slavoj Zizek, Ernesto Laclau e Judith Butler
martes, 22 feb 2011
Do mércores 23 de febreiro e ata o vindeiro 7 de abril ,en horario de 18 a 21 horas, terá lugar no museo Verbum – Casa das Palabras un Seminario de Filosofía Política con conferencias a cargo das figuras máis destacadas do pensamento contemporáneo. A entrada é de balde.