Escoitar

O Auditorio Municipal acolle mañá venres a obra para público adulto "Exitus", a cargo da compañía Titzina Teatro

O programa "Con T de Teatro" continúa mañá, 25 de febreiro, no Auditorio Municipal coa obra "Exitus", que a compañía Titzina Teatro interpretará a partir das 21 horas. Segundo informa a Concellería de Cultura e Animación Sociocultural, o prezo das entradas é de 7 euros e pódense adquirir na web www.laboleteria.es ou na taquilla unha hora antes do comezo da actuación. A programación completa do Auditorio Municipal pódese consultar na web www.vigocultura.org.

xoves, 24 feb 2011
Coa dirección e interpretación de Diego Lorca e Pako Merino, en "Exitus" catro persoas enfróntanse á morte desde puntos de vista tan diversos como os de diferentes profesións, unha traxedia ou un acto irreversible da vida. Un funerario, un home na busca de emprego, un directivo dun laboratorio farmacéutico e un
avogado entremesturan as súas vidas sen que eles mesmos sexan conscientes do destino común que os une.