Escoitar

O alcalde inaugurou as xornadas interfronteirizas que reúnen en Vigo a 80 participantes de Galicia e Portugal

O sindicato Comisións Obreiras organiza hoxe e mañá venres en Vigo estas xornadas dos sectores metal, mineiro e eléctrico sobre a acción conxunta de Galicia e o norte de Portugal fronte aos retos actuais da deslocalización e o Eixo Atlántico. Participan 55 persoas de Galicia e outras 25 portuguesas, baixo os obxectivos de potenciar un maior intercambio rexional e de información e a definición dun plan de traballo.

xoves, 24 feb 2011
1298555247xornadas.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, abriu estas xornadas que se celebran no Hotel Bahía con participación sindical, empresarial e institucional procedente de ambas marxes do Miño.

Os contidos a tratar nos dous días de traballo organizados polo sindicato CC.OO. serán a situación socioeconómica e industrial actual, a protección medioambiental e a saúde laboral, as condicións salariais, e a participación dos axentes sociais nas institucións e na toma de decisións.
Descargar todas as imaxes