Escoitar

A exposición "Vermellas. Chamábanlles rojas" inaugúrase na Casa das Artes e pon nome e rostro ás represaliadas

Da man do Consello Municipal da Muller, a Concellería de Igualdade e a Concellería de Cultura, a mostra "Vermellas. Chamábanlles rojas" inaugúrase o venres 25, na Casa das Artes, co gallo da celebración do Día Internacional da Muller, e poderá ser visitada ata o vindeiro día 20 de marzo. Froito do proxecto de investigación interuniversitario "As vítimas, os nomes, as voces e os lugares" da Universidade de Santiago, a exposición pon nome e rostro ás mulleres represaliadas en Galicia tras o golpe de estado de 1936 mediante abundante documentación literaria, ademáis de fotografías e material audiovisual.

venres, 25 feb 2011
1298637705vermellas.jpg
Ademáis da documentación literaria, autoría de Claudio Rodríguez e Carmen Blanco, a exposición inclúe diferentes gráficas e un mapa no que se pode estudar a represión exercida contra as mulleres durante a época franquista, ademais de material gráfixo aportado polas familias e persoas achegadas. A montaxe complétase coa música dun grupo de novos e novas intérpretes que colaboraron na gravación dun CD dedicado ás vítimas da represión franquista, e cuns gravados de Sara Lamas procedentes do libro de Claudio Rodríguez Fer "Ámote Vermella".

O proxecto propocionou unha lista de nomes de vítimas procedente dos resultados da investigación do citado equipo de traballo da Universidade de Santiago desde 2006 e conta cun importante fondo documental e oral, con 403 entrevistas, algunhas delas seleccionadas para esta exposición.

"Vermellas. Chamábanlles rojas" sitúanos no escenario de conculcación dos dereitos humanos que se estableceu tras o golpe militar de 1936, no que a muller é vítima dunha cotidianidade caracterizada por rexistros domiciliarios acompañados de ameazas, saqueos ou maltratos, ás veces inferidos aos fillos e ás fillas menores de idade con grande ensañamento.
Descargar todas as imaxes