Escoitar

O alcalde asegura que as melloras efectuadas no entorno de Pizarro suman 8 millóns de euros de investimento municipal

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acudiu este venres á inauguración da segunda fase da humanización da rúa Pizarro, por un valor de 2 millóns de euros. O total deste vial, máis a reforma integral das rúas que baixan ata a Praza de Fernando El Católico, suman 8 millóns de euros destinados polo Concello ao entorno de Pizarro. O alcalde asegurou que "continuaremos neste proceso" e avanzou que queda iniciar a rúa Brasil, xa incluída nos orzamentos municipais deste ano.

venres, 25 feb 2011
1298641296pizarro.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cifrou en 8 millóns os investimentos do goberno local en humanizacións e melloras do entorno de Pizarro.

Caballero inaugurou este venres a segunda fase da humanización da citada rúa, entre a Praza de Isabel a Católica e Urzáiz, cun orzamento de dous millóns de euros para a renovación das canalizacións soterradas -pluviais, fecais, abastecemento e cableado- que se atopaban en "situación deficiente", ademáis da reforma na superficie con arborado, novas farolas "de baixo consumo", bancos, xardineiras, etc.

A primeira -xa aberta- e a segunda fase da rúa Pizarro representan 5 millóns de euros de investimento municipal na humanización do vial, obra que irá seguida da apertura da baixada desde Pizarro á Praza de Fernando El Católico e do inicio dos traballos de mellora da rúa Brasil, incluída no orzamento do Concello para este ano.

"Continuaremos neste proceso" para os cidadáns e peóns, adiantou Abel Caballero, quen avanzou que o goberno que dirixe xa está a instalar 1.500 bancos polas rúas e prazas da cidade. "Estamos satisfeitos", afirmou.
Descargar todas as imaxes