Escoitar

Vigo adhírese á Carta de Compromiso coa Calidade das Administracións Públicas

Os tres grupos políticos con representación municipal -PP, PSOE e BNG- respaldaron este luns no Pleno da Corporación a proposta da Alcaldía para que o Concello se sume a esta iniciativa da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), que procura a adopción de compromisos para o desenvolvemento da calidade na xestión pública, materializada na accesibilidade, eficiencia e flexibilidade da administración local.

luns, 28 feb 2011
A proposta da Alcaldía de Vigo ao Pleno da Corporación Municipal deste luns foi aprobada coa unanimidade dos tres partidos políticos con representación no Concello.

Segundo reza o acordo adoptado, o Concello de Vigo se adhire á Carta de Compromisos coa Calidade e dará publicidade aos mesmo na sede municipal, ademais de dar traslado da resolución plenaria á Axencia de Avaliación da Calidade e á FEMP.

A Comisión Executiva da FEMP, en reunión de data 30 de novembro de 2010, acordou, a proposta da Comisión de Modernización e Calidade, realizar unha campaña para promocionar a adhesión dos Concellos españois á Carta de Compromiso coa Calidade das Administracións Públicas, suscrita pola FEMP o 23 de xuño de 2009, considerando que coa mesma se pretende promover o establecemento dun enfoque común e a adopción de compromisos para o desenvolvemento da calidade na xestión pública por parte das diferentes administracións, local, autonómica e nacional.

Dita Carta responde a iniciativa do Ministerio de Administraciones Públicas en xuño de 2008, como unha iniciativa de alcance interterritorial, e se integra dentro do espacio de colaboración que se materializa na coñecida denominada "Red Interadministrativa de Calidad en los Servicios Públicos", resultando aprobada pola Conferencia Sectorial de Administración Pública celebrada o 16 de novembro de 2009.

Estamos ante unha reflexión que, partindo dos principios da Gobernanza Europea (apertura, responsabilidade, eficacia, participación e coherencia), así como de valores, obxetivos e estratexias dunha xestión pública de calidade compartidos por todas as administracions españolas, ofrece un conxunto de compromisos concretos por parte de todas elas convertíndose así no marco común de referencia para guiar a súa xestión. Tratase de ser unha administración pública que inspira a súa actuación nos valores de compromiso co servizo á cidadanía, orientación a obxetivos e resultados, transparencia e ética pública, coordinación e cooperación, responsabilidade e uso racional dos recursos públicos. De feito na liña indicada recentemente a FEMP e AEVAL suscribiron un convenio de colaboración para difundir e promover os procesos de calidade e avaliación na Administración Local, co obxetivo de dotar aos Gobernos locais de ferramentas e instrumentos que permitan "medir, evaluar y, por lo tanto, mantener los servicios públicos que corresponden" aos cidadans.

A Carta de Compromisos parte da calidade como estratexia de modernización e concreta a visión que o Concello de Vigo como administración máis cercana ao cidadán pretende:

Unha Administración accesible, aberta e cercana á cidadanía
Unha Administración económicamente eficiente e sostible
Unha Administración flexible e capaz de reasignar recursos
Unha Administración que promove a cooperación entre los diferentes sectores público e privado desenvolvendo a Gobernanza
Unha Administración con persoal capacitado e que recoñece o traballo ben feito a través dos sistemas de calidade
Unha Administración con capacidade de innovación
Unha Administración integrada

Para a continuación fixar as estratexias de calidade que deberán axustarse a cada tipo de organización e rematar co decálogo de compromisos para a implantación da calidade nas administracións públicas.

O Concello de Vigo atópase fortemente comprometido cunha xestión de calidade, intensificando nos últimos tempos as medidas de simplificación e modernización administrativa, tanto a través da implantación da administración electrónica como a través dun Programa de Mellora de Procesos. Nesa misma liña incardínase a colaboración do Concello coa Subdirección Xeral de Mellora e Simplificación de la Regulación Procedimental, da Dirección Xeral de Organización Administrativa e Procedimentos a través da Comisión de Modernización e Calidade da FEMP.

Considerando pois a obriga de ofrecer aos cidadáns uns servizos de calidade así como de dotar á organización municipal das ferramentas axeitadas para acadar un nivel máximo de gobernanza, o Concello de Vigo debe asumir o reto da nova xestión pública e liderar no noso ámbito territorial un novo concepto de municipalismo, polo que o Alcalde formulou ao Pleno a adopción do devandito acordo de adhesión.