O pleno respalda a demanda nacionalista para reclamar a Fomento que declare vía urbana a AP-9 de Rande a Vigo
O Pleno da Corporación Municipal aprobou este luns a proposta do BNG, cos votos de nacionalistas e populares e a abstención do PSOE, que insta ao Ministerio de Fomento a reconsiderar a súa negativa sobre a declaración como vía urbana do tramo da AP-9 de Rande a Vigo. O tenente de alcalde, Santi Domínguez, destacou que é dunha "demanda histórica" que melloraría a vertebración do barrio de Teis, polo que asegurou que o BNG non entende a negativa de Fomento dada a deputada Olaia Fernández Davila para acometer esta transformación.
Tras rexeitar unha modificación da moción proposta polo PSOE, que eludía as competencias do Ministerio de Fomento ao respecto, Santi Domínguez deu lectura á resposta dada por Fomento á deputada nacionalista no Parlamento español, que afirma que "dito tramo forma parte da autoestrada e cumpre a misión fundamental de dotar aos tráficos de medio e longo percorrido da accesibilidade necesaria á cidade de Vigo". Para o nacionalista, se Fomento non tivera competencias non ofrecería esta resposta respecto a finalidade da AP 9.
O tenente de alcalde tamén rexeitou entrar "na liorta PP-PSOE sobre quen ten competencias". Neste sentido, Santi Domínguez afirmou que o fundamental é dar resposta a unha "demanda social dos diferentes colectivos do barrio", polo que o BNG presenta iniciativas nas tres administracións nas que ten representación (Concello, Parlamento galego e Congreso dos Deputados). "Tanto PSOE como PP teñen a posibilidade de votar a favor da proposta, co cal non habería ningún problema para levala a cabo", sinalou.
O tenente de alcalde afirmou que a transformación en vial urbano do tramo da AP- 9 entre Rande e Vigo traería "importantes vantaxes" non só para o tráfico en Teis, senón de toda a cidade. "Calquera podería acceder a Teis dende o centro e aliviaríase así o tráfico en Sanjurjo Badía e a Travesía de Vigo", manifestou o nacionalista. Respecto á polémica que se está a producir sobre o tráfico pesado, salientou que con esta proposta "a alternativa estaría asegurada".
Santi Domínguez indicou que o barrio de Teis, por mor das diferentes estruturas viarias que se construiron a prol do progreso da cidade, "quedou tronzado á metade e fisicamente separado, dificultando a comunicación no seu conxunto". Segundo o nacionalista, a reconversión deste tramo da autoestrada "ademais de eliminar a peaxe, permitiría que a través do PXOM se puidesen abrir novos viais, aproveitando o soterramento da entrada do AVE".
A respecto das declaracións do ministro de Fomento sobre a imposibilidade de eliminar peaxes, o tenente de alcalde asegurou que non se pode "poñer no mesmo caixón" tramos novos de autoestrada cun tramo suficientemente amortizado "no que os galegos e galegas levamos 30 anos pagando peaxes".